Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 01 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Case 100 mulleres da provincia rematan esta semana “Conectadas”

A finalidade do programa de igualdade da Deputación é mellorar a formación das mulleres para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias

O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas 2019” leva dende o mes de agosto poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Así, durante esta última semana de decembro e a primeira de xaneiro chegarán ó seu fin a un total de 5 obradoiros nos que participaron 90 mulleres e que foron realizados nos concellos de Agolada, Cangas, Ponteareas, Redondela e Soutomaior.

 

Deste xeito, este luns remata no concello de Ponteareas o curso “Pintura”, no que participaron mulleres da Asociación Cultural San Mateo. Xa nos primeiros días de 2020, máis especificamente o xoves 2 de xaneiro, rematará en Redondela a acción formativa “Intelixencia emocional”, impartida a mulleres da Asociación contra el Cáncer.

 

O 3 de xaneiro, pola súa banda, rematarán dous obradoiros. O primeiro deles, denominado “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, tivo lugar no concello de Cangas e nel participaron integrantes da Asociación de Mulleres Progresistas de Darbo. O segundo foi “Iniciación á costura”, que se desenvolveu en Soutomaior con mulleres da Asociación de Veciños de Alxán. Finalmente, o 4 de xaneiro rematará no concello de Agolada o curso “Pintura”, no que participaron integrantes da Asociación de Amas de Casa Temporas.

 

“Conectadas 2019” é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para empoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.