PROVINCIA
Deputación fai pública os grupos que formarán parte do programa Musigal 2020
Os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia teñen ata o 24 de xaneiro para solicitar actuacións dos grupos inscritos no programa
A Deputación de Pontevedra na súa aposta pola promoción e difusión da actividade artística e da riqueza cultural xa ten publicado en www.depo.gal a relación de grupos que formarán parte do programa Musigal 2020. Así, os concellos de menos de 50.000 habitantes interesados en solicitar algunha actuación dos grupos inscritos no programa poderán formalizar a súa petición ata o 24 de xaneiro.
En total inscribíronse no programa Musigal 2020 preto de 90 grupos dos cales 32 forman parte da modalidade “Son Tradición” (música tradicional galega), 22 de “Son Actual” (pop, rock, hip hop e música electrónica), 12 de “Son Muller” (grupos nos que as mulleres supoñen o 60% das persoas integrantes), 11 de “Son Crianza” (grupos con espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar), 7 de “Son Clásico” (música clásica con composicións de autores/as galegos/as)e 4 de “Son Mocidade” (grupos nos que polo menos o 60% son menores de 35 anos).
O programa Musigal ten por obxecto contribuír á difusión e promoción da música galega profesional da provincia de Pontevedra. Para este ano que vén este programa contará con dúas novidades: a primeira delas é que o orzamento da iniciativa increméntase en 100.000 €, pasando dos 500.000 € aos 600.000 €, e a segunda é que se vai dar prioridade aos concellos co menor número de habitantes, co obxectivo de seguir a democratizar a cultura, que tamén é un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
A partir de agora e ata o 24 de xaneiro os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán solicitar actuacións dos grupos inscritos. Os concertos desenvolveranse entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149