VIGO
Vigo inaugura a humanización doutro tramo de García Barbón
O Concello prosegue coa humanización da García Barbón, neste caso rematouse o tramo comprendido entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro, co obxectivo de completar a avenida ata Sanjurjo Badía. Amais, a Xunta de Goberno Local aprobou dedicar 500.000 euros a apoiar novos proxectos de PEMES e emprendedores
Abel Caballero destacou o traballo de humanización que acomete o goberno municipal en García Barbón durante a inauguración dun novo tramo, o que se estende desde Serafín Avendaño ata Rosalía de Castro, na marxe impar, que supuxo un investimento superior ao medio millón de euros.
Segundo detallou o rexedor, ao longo de 150 metros con beirarrúas de granito, renováronse as tubaxes de abastecemento de auga, saneamento e pluviais, situáronse 6 farois novos con luces LED "de grande intensidade", un sistema novo de rego para as árbores das que se repuxeron algúns exemplares deteriorados, así como seis xardineiras, cinco bancos e papeleiras.
Caballero explicou que o Concello traballa na humanización do tramo comprendido entre Rosalía de Castro e Isaac Peral, no que xa se realizaron as catas arqueolóxicas que "deron ben" malia que, segundo expuxo, Patrimonio da Xunta de Galicia non autorizou o proxecto de humanización dese tramo debido ao conxunto escultórico da rotonda de Isaac Peral. Isto impide, apuntou, que o Concello actúe en todo o tramo, algo que censurou o alcalde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126