Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 30 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos sanciona á empresa de recollida do lixo por "mesturar"

Na sesión plenaria ordinaria do mes de decembro aprobouse por maioría a modificación da Ordenanza de Circulación e Tráfico e o expediente sancionador ao contrato de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria

Esta mañá celebrouse no Pazo de Mos o derradeiro Pleno da Corporación Municipal mosense do ano 2019 no que os dous puntos da orde do día foron aprobados por maioría.  A modificación da Ordenanza de Circulación e Tráfico aprobouse cos votos a favor do equipo de goberno e os grupos PSOE e GañaMos e a abstención do BNG. E o expediente sancionador ao contrato de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria aprobouse coa votación favorable do goberno, GañaMos e BNG e a abstención do grupo dos Socialistas de Mos.

 

[Img #59312]

 

A modificación da Ordenanza de Circulación e Tráfico implica unha revisión do importe das sancións de tráfico no Concello de Mos, que suporá unha reducción nas contías das mesmas. O Concello de Mos, aprobou a Ordenanza Reguladora de Circulación e Tráfico con publicación no BOP de data de data 18 de setembro de 2017. A necesidade da modificación da Ordenanza surxe coa finalidade da súa adecuación á normativa vixente en materia de importes de sancións contra a Lei de tráfico, circulacións de vehículos a motor e seguridade vial.

 

O documento anexo á Ordenanza municipal que inclúe as modificacións da mesma aprobadas inicialmente hoxe en Pleno, fai referencia ao estacionamento na vía pública e especifica as infraccións previstas que se sancionarán con cualificación de graves e de moi graves.

 

Sanción "grave" á concesionaria do Lixo

Por outra banda o expediente sancionador ao contrato de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria impón unha sanción de carácter grave por importe de 3.500 euros á empresa concesionaria do servizo, a causa do incumprimento do mesmo.

 

Entre outras deficiencias no servizo, foron detectados no mes de setembro casos de mestura no mesmo camión dos residuos orgánicos procedentes dos colectores verdes, cos procedentes de colectores de reciclaxe, concretamente dos amarelos, que conteñen plásticos e envases lixeiros.

 

Os informes periódicos que a enxeñeira municipal realiza para controlar a correcta prestación do servizo constatan as deficiencias polas que hoxe se aprobou en Pleno sancionar á empresa cunha multa por infracción grave.

 

Sanción esta que se repetirá ou endurecerá de ser necesario se a empresa non subsana as deficiencias no servizo, xa que a postura do Concello é a de esixirlle o escrupuloso cumprimento do contrato de recollida e transporte de residuos e a garantía de que non se volvan producir os devanditos incidentes, so pena de ser obxecto de medidas máis drásticas chegando incluso a poder producirse a rescisión do contrato se fose necesario.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.