O PORRIÑO
Pontellas gaña o Concurso de Rondallas do Porriño
A Asociación Cultural Musical de Pontellas cunha valoración de 54,75 puntos gañou o II Concurso de Rondallas Concello do Porriño nuhna reñida disputa coas agrupacións de Mos que acadou 53 puntos e de Atios que recibiu unha valoración de 50 puntos. Os premios do concurso eran de 1.500 euros, para a primeira rondalla; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir co Concello durante as festas de Nadal de 2020/2021 nas rúas do Porriño.
A alcaldesa Eva García, a concelleira de Cultura Cami Moreira e outros membros do goberno municipal presenciaron o evento.
Neste II Concurso tomaron parte sete rondallas procedentes de Vigo, Tui, Mos e O Porriño. Foron as seguintes e actuaron por esta orde: 1- Rondalla do Centro Cultural de Torroso 2- Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos 3- Rondalla Mosteiro de Tui 4- Rondalla do CSCR de Beade 5- Rondalla Helios de Bembrive 6- Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios 7- Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas
O Pavillón 1 do Polideportivo Municipal de Deportes estivo ateigado con todas as localidades dispoñibles ocupadas (1.168 prazas). Namentres o Pavillón 2 destinouse ós compoñentes das rondallas para que poideran seguir as actuacións das diferentes agrupacións a través dunha pantalla xigante. Debido a que este ano decidiuse pola Concellería de Cultura que houbera aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas para garantir a seguridade, o Concello contratou cunha empresa a retransmisión por “streaming” do certame que seguiron a través dunha canle de "Youtube" e a través da páxina web do departamento de Cultura do Concello. Segundo datos provisionais, 2087 persoas seguiron a retransmisión, das que ó redor de 400 o fixeron a través do visor que se habilitou na web ecultura.net do departamento de Culutra do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149