PROVINCIA
No 2020 todos os concellos adheridos estrearán centros comunitarios e composteiros individuais
O 2019 pechou con datos á alza, con 127 composteiros comunitarios instalados e 5.545 individuais repartidos, e espérase chegar neste exercicio a 170 comunitarios e uns 7.100 individuais
Que a compostaxe se está a converter en algo global na provincia é algo anunciado e comprobado con datos. No ano 2019 a Deputación, ao abeiro do Plan Revitaliza, repartiu 127 centros de compostaxe comunitaria e outros 5.545 composteiros individuais nos concellos. Estes números medrarán significativamente no ano que acaba de comezar, xa que a veciñanza poderá compostar os seus biorresiduos en ata 170 centros comunitarios e arredor de 7.100 individuais, segundo as contas do persoal técnico provincial.
O obxectivo é que o 2020 se converta no "Ano Revitaliza" e, por un lado, que os concellos que aínda non deron pasos adiante se animen e comproben as bondades do modelo e, por outro, que aqueles que xa están máis adiantados sigan avanzando para consolidar a súa xestión e cumprir as obrigas legais canto antes. A cidadanía, ademais, está a empurrar para que as administración locais sexan máis sostibles, xa que na maior parte dos concellos onde se fixeron xornadas informativas sobre compostaxe, creáronse listas de agarda de veciñas e veciños, os que amosaron o seu interese en reciclar o lixo orgánico en futuros centros de compostaxe comunitaria (CCC) e en ter composteiros individuais (COIN).
Os concellos nos que máis se están a notar os resultados da compostaxe e a súa influencia na reciclaxe do resto das fraccións son os que están a traballar na coñecida como Liña 2: os que recibiron axudas económicas da Deputación para entender o sistema con medios de titularidade municipal. O concello de Vilaboa vai incluso máis adiantado, xa que, ademais de ser no que se repartiron máis composteiros proporcionalmente, está a traballar na modificación da ordenanza de lixo. Alí están instalados 14 centros de compostaxe e a previsión é chegar aos 1.200 composteiros individuais entregados ás e aos veciños con casas con horta.
En Pontevedra as cifras en 2020 pasarán dos 25 centros de compostaxe actuais a 30 e espérase chegar aos 800 composteiros individuais repartidos no exercicio actual. No Grove a previsión é ter 11 CCC e alcanzar os 600 individuais, mentres que en Mondariz e Mondariz-Balneario prevense 13 e 10 CCC, e 900 e 100 composteiros individuais, respectivamente. No caso de As Neves os centros comunitarios instalados manteranse nos cinco actuais e os COIN entregados subirán aos 1.104.
En canto aos concellos recentemente incorporados á Liña 2, o obxectivo é que Poio instale o seu primeiro composteiro comunitario e reparta arredor de cen composteiros individuais. Pola súa banda, A Illa de Arousa subirá a tres os centros de compostaxe comunitaria e chegará ata os 715 COIN repartidos; e Tomiño ampliará a tres os CCC e chegará aos 300 COIN.
Ampliar e estrear
Outro dos obxectivos do equipo provincial do Revitaliza, coas mestras e mestres composteiros á fronte facendo o traballo técnico e de concienciación da veciñanza porta a porta, será aumentar as instalacións dos centros comunitarios nos concellos que xa dispoñen de algúns –aínda que a través de cesión da institución provincial– co obxectivo de que os gobernos locais sexan cada vez máis autónomos e se encarguen do seu mantemento. Nesta situación estarán Vilagarcía de Arousa, Portas, Campo Lameiro, Barro, Cambados, Ribadumia, Sanxenxo, Lalín, Cerdedo-Cotobade, Bueu, Cangas, Moaña, Soutomaior, Redondela, Baiona, Gondomar, O Porriño, Tui, Oia, O Rosal e Ponteareas. Salceda de Caselas, pola súa banda, está xa no límite dos cinco centros de compostaxe propiedade da Deputación, e deberá dar o salto de maneira inminente á Liña 2 para continuar con medios da súa titularidade.
Finalmente, e para que todos e cada un dos 44 concellos adheridos comproben as bondades do modelo, a Deputación traballará, nos vindeiros doce meses, para que os que non teñen ningún CCC se volvan proactivos e dean os seus primeiros pasos. Desta maneira, concellos como Valga, Catoira, Cuntis, Meis, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, Ponte Caldelas, Marín, A Guarda, Covelo, Salvaterra de Miño ou Poio deberán contar co seu primeiro centro de compostaxe.
Existe normativa galega, estatal e europea que obrigará a reciclar o 50 % do lixo neste ano 2020, e en breve será necesario recoller e tratar de forma separada o 100 % da fracción orgánica, ben mediante compostaxe ou usando outras vías sustentables. A Deputación daralles unha oportunidade a todos os concellos para avanzar co plan, pero a implicación municipal será fundamental e mesmo imprescindible, xa que a institución advirte de que, sen ela, haberá que estudar de novo a adhesión do concello ao Revitaliza para priorizar e concentrar esforzos e medios nos concellos que realmente queiran aplicar o plan de forma seria.
Aqueles municipios que non dean pasos adiante pasarán a estar fóra do programa de compostaxe, engrosando a lista que forman Moraña, Vilanova de Arousa, Meaño, Golada, Dozón, A Estrada, Forcarei, Pazos, Fornelos, A Lama, Mos, Nigrán, Arbo, Cañiza e Crecente, que a día de hoxe nin están no Revitaliza nin contan cun plan específico para cumprir a nova normativa europea. A esta lista súmase o concello de Vigo, fóra do cómputo ao non poder entrar no plan provincial polo seu elevado número de habitantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149