Xornal21.es
Martes, 07 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
GALICIA
O turismo internacional acada en Galicia cifras históricas
Á espera de contabilizar os datos do mes de decembro, este mercado gaña cada vez máis peso con máis de 1,4 millóns de viaxeiros estranxeiros
O turismo internacional está a gañar cada vez máis peso na Comunidade galega ata rexistrar cifras nunca antes alcanzadas, con crecementos superiores ao 10% tanto en número de viaxeiros como no volume de noites. Así o constatan os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que fixan en máis de 1,4 millóns de turistas estranxeiros e preto de 2,5 millóns de pernoitas contabilizadas ata o mes de novembro.
Os datos do Instituto Nacional de Estatística feitos públicos hoxe tamén constatan unha evolución positiva do sector de aloxamento no conxunto do ano
Así, a falta de computar os datos do mes de decembro, o mercado estranxeiro está a demostrar ser decisivo na positiva evolución do turismo galego en comparación co conxunto de España, onde Galicia está a ser o destino co mellor comportamento. Tamén está a ser positivo o turismo nacional, neste caso cun incremento dun 5% na súa demanda, rexistrando así máis de 7,9 millóns de noites, unha cifra récord nos primeiros once meses do ano.
O balance do INE constata tamén que, de xeito xeneralizado, está a ser positiva a evolución de todo o sector do aloxamento de Galicia, con incrementos da súa demanda turística nun 7,4% no que se refire aos establecementos extrahoteleiros, que inclúen apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural; e cun aumento da demanda dun 5,7% no sector hoteleiro. Os niveis de ocupación tamén melloraron en todas as tipoloxías, cunha intensidade variable, para este período de tempo.
Desestacionalización
Estas estatísticas coñécense no mesmo día no que o INE publicou os datos do mes de novembro para a totalidade dos establecementos de aloxamento. Preto de 260.000 viaxeiros escolleron Galicia durante o mes de novembro, mes de temporada baixa, e realizaron máis de 538.000 noites. En termos globais, obsérvase un incremento da demanda no ámbito hoteleiro nese mes dun 1% e tamén no ámbito extrahoteleiro, neste caso cun incremento de preto do 9%, que en termos de volume supuxo a xeración de 2.600 noites.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184