Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Case 200 mulleres da provincia rematan esta semana accións formativas de “Conectadas”

A finalidade do programa de igualdade da Deputación é mellorar a formación das mulleres para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias

O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas” leva dende o mes de agosto poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Así, durante a segunda semana de xaneiro chegarán ó seu fin un total de 12 obradoiros nos que participaron 197 mulleres e que foron realizados nos concellos de Moaña, Redondela, Vigo, Cangas, Mos, Vila de Cruces, Cambados, Crecente, Ponteareas, Salceda de Caselas, Valga e A Estrada.

 

Deste xeito, mañá, mércores 8 de xaneiro, rematan tres obradoiros. En Moaña, o curso “Coidados propios do teu benestar. Exercicios prácticos e motivacionais”, no que participaron integrantes da Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer do Morrazo, chegará ó seu fin. Así, en Redondela o curso que remata denomínase “Pintura” e foi organizado pola Asociación de Mulleres Rurais e Culturais Sementeira. Finalmente, tamén o vindeiro mércores finaliza en Vigo o obradoiro “Teatro”, que contou coa presenza de mulleres da Asociación Española Contra el Cáncer.

 

O 9 de xaneiro, pola súa banda, rematan outros tres obradoiros. O primeiro deles, denominado “Alfabetización dixital II: Internet, correo electrónico, manexo da tableta, teléfono intelixente...”, tivo lugar no concello de Cangas e nel participaron integrantes da Asociación de Mulleres de Cimadevila. O segundo foi “Teatro”, que se desenvolveu en Mos con mulleres da Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso. O terceiro, “Poda e tarefas do campo dende a sustentabilidade”, tivo lugar en Vila de Cruces e contou coa participación de integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Cumeiro.

 

O venres 10 de xaneiro chegan ó seu fin cinco cursos. Así, en Cambados remata “Conservación de alimentos, conservas artesanais”, no que participaron mulleres da Asociación O Batuqueiro de Vilariño. En Crecente, integrantes da Asociación Veciñal da Parroquia do Freixo finalizan “Bricolaxe e reparacións no fogar, mentres que en Ponteareas as mulleres da Asociación do Centro Cultural de Fozara rematan a acción formativa “Teatro”. As participantes do curso “Pilates” de Salceda de Caselas, pertencentes ó Centro Cultural e Veciñal San Xorxe, verán rematada a formación tamén o vindeiro venres. En Valga, a acción formativa “Cociña e alimentación. Hábitos saudables” rematará despois de contar coa participación de mulleres da Asociación de Veciños Cultural e Deportiva de Cordeiro. Por último, o día 11 de xaneiro remata “Iniciación ó Patchwork”, que contou coa presenza de integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós, no concello da Estrada.

 

“Conectadas 2019” é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para empoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.