Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 09 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A piscina municipal conta con novo material

A partires desta semana chega novo material para a Piscina Municipal de O Porriño que permitirá renovar e amplar o prexistente, dacordo as prioridades establecidas no Plan de Mellora de Suministros desta instalación deportiva que conta cun orzamento de 30.746 €. A partida subvencionase polo Plan Concellos 2019 da Deputación.


Na memoria explicativa que aportou o Concello do Porriño para xustificar a solixitude da achega económica explicase que a Piscina Municipal inaugurada en 1.997 e cunha media de más de 70.000 usos anuais necesitaba actuacións que palíen as deficiencias que acumulou durante estes 32 anos en funcionamiento.


Entre o material recibido figuran 87 táboas de natación grandes e medianas, 80 rulos, 48 cinturóns de aprendizaxe para adultos e infantís ou 24 mancuernas de aquaerobic, entre outros.


Asimesmo, ademáis do material deportivo para a instrucción, recibiuse tamén unha cadeira especial de rodas para uso da Piscina por persoas con discapacidades funcionáis e un robot limpiafondos para a limpeza diaria do vaso. Asimesmo, dada a elevada afluencia de usuarios e a formación de socorristas, solicitouse e rcibiuse un desfibrilador DESA.


Ainda falta acometer coa achega da Deputación, a sustitución das portas de acceso ó recinto así como as portas dos vestiarios adaptados que presentan un notable deterioro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.