GALICIA
Fest Galicia incrementa nun 31% a dotación para o patrocinio dos festivais
Cultura e Turismo aumenta ata os 460.000 euros a cantidade destinada aos contratos cos eventos asociados á marca, que impulsa o turismo musical de calidade e sustentable, ademais de se enmarcar na programación do Xacobeo 2021
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a convocatoria de adhesión á terceira temporada da marca FEST Galicia, dirixida a festivais profesionais de música que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro deste ano. Dáse así continuidade a esta iniciativa da Xunta para promover o turismo musical de acordo con criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social, que este ano aumenta ata os 460.000 euros a dotación destinada ao patrocinio do conxunto dos festivais asociados.
Con este incremento, superior ao 31% respecto do orzamento de 2019, a Consellería de Cultura e Turismo busca consolidar e impulsar esta vía de colaboración con festivais considerados estratéxicos para o sector, inserida á súa vez no programa cultural de promoción do Xacobeo 2021. Este apoio económico materializarase na sinatura de contratos de patrocinio cos eventos que reúnan unha serie de criterios definidos na resolución conxunta da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, publicada hoxe no DOG.
O DOG publica hoxe a resolución conxunta da Agadic e Turismo de Galicia, que incorpora como novos requisitos para os festivais a inclusión dun mínimo de seis artistas galegos e a necesidade de contar cun plan de igualdade e sustentabilidade
Os pregos de condicións xerais e técnicas deste ano inclúen unha serie de novidades canto aos requisitos que deben cumprir os festivais interesados en formar parte da nova temporada de FEST Galicia, entre as que destacan a obrigatoriedade de incluír un mínimo de seis artistas galegos en cartel e a disposición dun plan de igualdade e sustentabilidade. Os solicitantes deben reunir, así mesmo, outra serie de condicións relativas ao seu orzamento e solvencia económica, programación e venda de entradas, redución do impacto medioambiental ou cumprimento da normativa en materia de espectáculos públicos, entre outras.
Prazo de solicitude
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento: CT302A) nun prazo de 20 días hábiles, contados a partir de mañá xoves 9.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184