Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 13 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O proxecto "Bibliosaúde" chega ao Porriño

A Biblioteca do Porriño ten destacado nos últimos tempos polo desenvolvemento de programas formativos que a reafirman como espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social. Neste contexto foron numerosas as accións postas en marcha no pasado, buscando incidir cada ano nun aspecto determinado desta a súa vocación social.

 

Para o 2020 a Biblioteca do Porriño manifesta o seu compromiso social de traballar no ámbito da saúde e o benestar a través do Proxecto Bibliosaúde, co obxectivo de promover o benestar para todas as persoas de todas as idades. Responde así a Obxectivo no 3 da “Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible”, auspiciada pola ONU, que propón aos centros bibliotecarios apoiar no acceso público a información sobre saúde e benestar.

 

[Img #59455]A “Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible” representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e medio ambientais do planeta, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade e a paz. A Axenda pretende avanzar cara sociedades máis inclusivas, con maior cohesión social, a través de 17 obxectivos de desenvolvemento sostible que cobren todas as políticas públicas, propoñendo accións determinadas a toda a sociedade.

 

Para levar a cabo este compromiso, a biblioteca do Porriño pon en marcha varias accións específicas que se porán en marcha ao longo do ano: creación dunha sección de Biblioterapia, organización dun ciclo de conferencias divulgativas sobre saúde e desenvolvemento dunha campaña de promoción da saúde en internet.

 

Lecturas saudables

A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental. Acceder a este tipo de libros pode axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.

 

Debido aos beneficios probados destas lecturas, a Biblioteca do Porriño crea unha nova sección bibliográfica formada por 142 recomendacións de lectura (libros de autoaxuda, psicoeducación, novelas e obras de non ficción) para apoiar o proceso terapéutico de trastornos e problemas moi variados. Entra así a formar parte do proxecto “Biblioterapia” promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Trátase dunha lista coidadosamente seleccionada de libros recomendados por profesionais da saúde mental, expertos en literatura e pacientes. Unha selección que ata o de agora estaba dispoñible soamente nas bibliotecas dos principais hospitais de Galicia e nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia (Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) e que a Biblioteca do Porriño Proxecto Bibliosaúde biblioteca porriñesa adapta agora nunha biblioteca municipal. Os libros, reunidos nun estante específico da biblioteca, poderán retirarse normalmente presentando o carné de usuario/a. Ademais, na páxina web de Bibliosaúde (bibliosaude.sergas.gal) e da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (rbgalicia.xunta.gal) existen fichas coas referencias dos libros, breves resumos e contidos enriquecidos sobre os mesmos.

 

A sección de Biblioterapia estará dispoñible na biblioteca a finais deste mes de xaneiro.

 

Ciclo de conferencias sobre saúde

Como segunda acción dentro do proxecto Bibliosaúde, ao longo do 2020 a biblioteca porriñesa organizará varias conferencias divulgativas sobre temas sanitarios, que apoien o acceso público a información sobre saúde e benestar. Para elo contarase coa presenza de importantes persoeiros do mundo científico e traballadores da saúde, que achegarán ao público temas relevantes cunha visión eminentemente práctica. Todas as conferencias serán de entrada libre ata completar aforo.

 

Conferencia “Como favorecer o desenvolvemento visual ao inicio e durante toda a vida”. Relatora: Lucila To García-Miranda.

 

A primeira conferencia deste ciclo divulgativo está xa organizada para o próximo 23 de xaneiro ás 19:00 no auditorio da biblioteca do Porriño, sobre o campo do desenvolvemento visual, incidindo especialmente no seu aspecto infantil. Trátase dun tema especialmente relevante, xa que existen no mundo 217 millóns de persoas con problemas visuais, 1 de cada 4 rapaces non é diagnosticado ou é mal diagnosticado, e a afectación crónica tratable máis común durante a infancia é a capacidade visual.

 

Para iso contarase coa presenza de Lucila To García-Miranda, óptica-optometrista especializada en terapia visual baixo unha filosofía comportamental e de desenvolvemento, con máis de 25 anos de experiencia clínica. Lucila é Directora clínica do Centro de Optometría e Terapia Lucila To en Andorra, Máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos, Membro da Xunta Directiva de SIODEC (Sociedade Científica de Optometría do Desenvolvemento), e formadora en programas de optometría clínica. Tamén pertence ao equipo docente do concepto TMPI (Terapia Manual Pediátrica Integrativa) e é autora do libro “Manual para su primera estimulación visual” (Aurum Volatile, 2019).

 

O encontro ten o obxectivo de compartir a importancia da información social para unha óptima estimulación visual e con iso concienciar sobre a prevención e o coñecemento desde a casa. A relatora responderá a preguntas como: Que se pode facer desde a casa?, Que se pode Biblioteca do Porriño Proxecto Bibliosaúde facer desde a gardería?, Que podemos facer os profesionais, nais e pais?, Que estímulos debemos favorecer?, Que estímulos debemos evitar?

 

Campaña de promoción da saúde en internet

Ao longo do ano, a biblioteca levará a cabo unha campaña de promoción da saúde a través das súa páxina web e redes sociais, arredor do hagstag #bibliosaude. Esta campaña concretarase nunha serie de publicacións periódicas e accións entre as que destacan: a promoción da lectura como actividade terapéutica, e dos beneficios da lectura na saúde e benestar, aportando datos avaliados pola ciencia; a realización dun mapa municipal de farmacias en Google Maps, con localizacións e datos de contacto, e información semanal das farmacias de garda.

Tamén se fomentará a promoción da doazón de sangue, e información sobre os días e horas da presenza das unidades móbiles de doazón no Porriño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.