Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Domingo, 12 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

A APP de incidencias de Tui recibe158 notificacións en dous meses

O 53% dos problemas comunicados está solucionado e o 38% en vías de solución

[Img #59457]O 53% da incidencias comunicadas a través da APP do Concello de Tui dende o apartado de incidencias están xa solucionadas e o 38% están en proceso de solución.  Dende a activación deste servizo na aplicación móbil, a comezos do pasado mes de novembro, rexistráronse 158 incidencias das que 85 están solucionadas e 61 en proceso de solución. O tempo medio de resolución está situado en 5 días. Houbo amais 12 incidencias comunicadas con temas que non eran de competencia municipal.


A meirande parte das incidencias comunicadas na aplicación e xa solucionadas refírense a problemas no mobiliario urbano dando conta de elementos rotos ou deteriorados e  a problemas no alumeado público con luminarias fundidas ou apagadas. Outras notificacións están en vías de solución xa que requiren actuacións de maior envergadura.


Cómpre lembrar que a través da APP Concello de Tui pódense comunicar de xeito doado calquera tipo de incidencia clasificadas en Mobiliario Urbano, Tráfico e Sinaléctica, Lixos e Residuos, Pavimentos e Sumidoiros, Animais e Pragas, e Limpeza e Xardinería. A través dun mapa pódese xeolocalizar o problema existente, e acompañar fotografías e outros datos da mesma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.