NIGRÁN
Casaplanta cede unha vintena de abetos de Nadal para replantar
A campaña municipal de recollida de árbores naturais de Nadal finalizaba esta semana
O Concello de Nigrán recibiu esta semana do Vivero Casaplanta de A Ramallosa a doazón dunha vintena de abetos que se destinarán á campaña municipal de replantación de árbores naturais de Nadal, sumándose así a Figueragro. Francisco Eijo, responsable de compras de Casaplanta, amosoulle ao alcalde, Juan González, os exemplares sobrantes da campaña de Nadal e que pasarán a formar parte do novo bosque do Poutón, no parque de Vilariño, onde se replantarán este luns 13.
Esta primeira fase de recollida destinada a promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza, remataba o pasado venres. Será o luns 13 cando alumnado de tódolos centros educativos realicen a plantación no espazo público do parque de Poutón (Vilariño). No caso de resultar demasiadas árbores tamén se replantarán nalgunha das zonas de monte comunal queimadas nos incendios de 2017.
O Concello, coa colaboración da concesionaria Brocoli, Cespa, Aqualia e o viveiro Figueragro, replantará o luns 13 os exemplares recollidos no espacio público de Poutón (Vilariño)
Na campaña colaboraron as concesionarias CESPA trasladando os exemplares, Brocoli (adxudicataria da conservación e reposición de zonas verdes) na plantación e poda e Aqualia no rego empregando só auga dos tanques de tormenta de Porto do Molle, o que permitirá a súa reutilización. Deste xeito, o Concello desenvolve unha iniciativa de economía circular contemplada na Axenda 2030 para acadar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través das alianzas.
"Trátase dunha campaña do Concello de Nigrán na que tamén implicamos a empresas e cidadanía en xeral porque o obxectivo non é só crear un bosque, ímos máis alá, buscamos a concienciación ambiental, difundir a reutilización e, en definitiva, a sostibilidade", defende o alcalde, Juan González, quen preside o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que, entre outras cuestións, promove intensamente na política local a Axenda 2030.
O Concello agarda recibir entre 60 e 100 árbores e insiste en que se trata de recollida de árbores naturais en bo estado para a súa replantación, non se recollen ramas, exemplares cortados ou secos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58