Redondela
A Deputación licitará este ano a humanización da estrada Os Valos-Guizán
Gregorio Agís lamentou que o anterior alcalde Javier Bas non dera nunca resposta ao proxecto que a Deputación tiña redactado desde outubro de 2018
A Deputación de Pontevedra sacará a licitación ao longo deste próximo ano 2020 as obras de humanización da estrada provincial 2906 Os Valos-Guizán, tal e como ten comprometido co concello de Redondela. Así confirmouno o deputado de Infraestruturas e Vías e Obras, Gregorio Agís, no Pleno provincial do pasado mes de decembro, quen sinalou que "foi a inacción do anterior goberno municipal do ex alcalde Javier Bas o que retrasou a súa posta en marcha".
Agís explicou que o proxecto foi redactado en outubro de 2018, "algo do que foron coñecedores tanto o ex alcalde de Redondela como a súa concelleira de urbanismo, con quen se mantiveron reunións para tratalo e, así a todo, a Deputación non tivo resposta do Concello". "Agora, dixo o deputado, o convenio está feito e preparado para a sinatura, que so está pendente de que o actual goberno municipal de Digna Rivas dea o seu visto bo. O anterior alcalde Bas asinaba os convenios sen falar coa veciñanza e a alcaldesa actual si que o fai", engadiu.
![[Img #59516]](https://xornal21.com/upload/images/01_2020/7094_ep-2906-guizan-os-valos-redondela-2020-2-imagen-xornal21.jpg)
"O PP sabe que este proxecto, que é extraordinario, se vai licitar no 2020, sabe que é un proxecto de enorme calidade e tamén que a obra que fixo Louzán con anterioridade foi unha auténtica vergoña". Agís lembrou que fíxoo con beirarrúas de só 1 metro de anchura, farois antigos e postes dos servizos no medio, deixando apenas 50 centímetros para o paso peonil. Un despropósito que mesmo deixou un muro por demoler e mesmo unha zona de rúa sen acabar. "Ese era o modelo de Louzán e que o PP de hoxe aínda defende. O noso está baseado na calidade e na mobilidade segura que ten merecido numerosos recoñecementos", rematou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91