Provincia de Pontevedra
Apróbanse as bases reguladoras do programa “Conectadas 2020”
O goberno de Carmela Silva destinará este ano 324.000 euros ao impulso de accións formativas baseadas nos principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras do programa “Conectadas 2020”, que este ano chega a súa quinta edición cun orzamento de 324.000 euros. A presidenta provincial, Carmela Silva, puxo en valor esta iniciativa que impulsando accións formativas “busca potenciar a participación e promoción das mulleres, así como favorecer as relacións interpersoais en igualdade incorporando de maneira transversal os principios de corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar”.
“Conectadas” ten por obxectivo mellorar a formación básica das mulleres da provincia para favorecer as relacións e o intercambio de experiencias, mellorar a súa empregabilidade e mantemento no mercado de traballo, e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. Ao igual que en edicións anteriores, poderán participar en “Conectadas 2020” asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñen por obxectivo a promoción das mulleres, o apoio ao seu desenvolvemento e apoderamento, así como ao seu tecido asociativo e cuxo obxectivo final sexa a consecución da igualdade entre mulleres e homes. O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais e comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOPPO.
Tal e como explicou a presidenta, cada entidade dispón dun total de 33 accións formativas distintas ás que optar, agrupadas en oito bloques temáticos: “Muller Emprende: Iniciativas sostibles para o emprego”, “Muller e Cultura: artes visuais”, “Actualízate”, “Coas túas mans”, “Porque ti o fas”, “Súmate ao cambio”, “Ponte en forma”, e “Coidados persoais”. As accións terán unha duración de 35 horas e poderán participar entre 20 e 25 persoas, establecéndose un mínimo de 15. Pola súa banda, Carmela Silva salientou o éxito de “Conectadas 2019”, que remata en febreiro, e na que participaron máis de 5.000 mulleres da provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149