Vigo
O BOE publica o convenio para estudar os problemas de auga en Vigo
O estudio ten como obxectivo determinar unha solución definitiva de subministro de auga durante todo o ano e especialmente en períodos de secas severas. Concello, Confederación Hidrográfica e Augas de Galicia pagarán a partes iguais os 200.000 euros que custa o estudo.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba este pasado venres a resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola que publica a Adenda modificativa do Convenio con Augas de Galicia e o Concello de Vigo para a mellora da garantía do abastecemento en Vigo.
Segundo informou o alcalde de Vigo en rolda de prensa, a adenda publicada este venres modifica a cláusula segunda, de maneira que a vixencia do convenio concluirá o 31 de decembro de 2022, coa posibilidade de acordar a súa prórroga se non finalizaron as actuacións.
Abel Caballero tamén indicou que se modifica o anexo de anualidades, de maneira que unha parte se abonará en 2020 e a restante en 2021. Así, este ano cada unha das tres administracións pagará 63.333,25 euros e no vindeiro curso a cantidade de cada un será de 3.3333,25 euros, para sumar un total de 200.000 euros.
O financiamento vai destinado a elaborar un informe que ofreza unha solución definitiva para a escaseza de auga en períodos de seca e que garante o abastecemento durante todo o ano. O alcalde indicou que esperaba ter os resultados a finais do presente ano 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22