Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 14 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 300 mulleres da provincia rematan accións formativas de “Conectadas”

Estes obradoiros de igualdade da Deputación de Pontevedra leváronse a cabo en once concellos da provincia

O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas” leva dende o mes de agosto poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Así, durante a terceira semana de xaneiro porase fin a un total de 19 obradoiros nos que participaron 324 mulleres e que foron realizados nos concellos de As Neves, Caldas de Reis, Cangas, A Estrada, Lalín, Redondela, Salvaterra de Miño, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

 

Máis polo miúdo, este luns 13 de xaneiro finalizaban os cursos de “Pilates” que a Asociación Mulleres Rurais Santa Lucía de Arco de Caldas de Reis e a Asociación de Mulleres Rurais de Codeseda da Estrada estaban a levar a cabo. O mesmo día tamén remataron os obradoiros de “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, organizado pola ASPADEZA de Lalín, e “Iniciación ao patchwork”, levado a cabo por mulleres da AVCD de Consumidores e Usuarios de Lavadores de Vigo.

 

Hoxe martes 14 de xaneiro clausurarase o curso de “Teatro” levado a cabo pola Asociación Santa María de Oiros de Vila de Cruces. Ademais, o próximo mércores 15 finalizará o obradoiro de “Ioga” organizado pola Asociación de Mulleres de Chapela Agarimo de Redondela. Do mesmo xeito, o vindeiro xoves 16 de xaneiro porase fin ao curso de “Pintura”, levado a cabo por mulleres da Asociación de Veciños Bolarqueiros de Noceda de Lalín, e ao de “Iniciación ao Patchwork”, realizado pola Asociación de Mulleres Rurais Eira de Vigo.  O mesmo día tamén rematará o curso de “Alfabetización dixital II: Internet, correo electrónico, manexo da tableta, teléfono intelixente...” no que participaban veciñas das Neves a través da Asociación de Mulleres Rurais Chan dos Casteliños.

 

Será o próximo venres 17 de xaneiro cando rematen a maior parte destes obradoiros. Porase fin ao taller de “Risoterapia”, levado a cabo pola Asociación de Mulleres Escola Vella de O Hio de Cangas, “Pintura”, organizado pola Asociación Cultural Mulleres Rurais San Xurxo Vea da Estrada, e o de “Intelixencia emocional”, no que participaban integrantes da Asociación de Mulleres Rurais Avelina Valladares da Estrada. O mesmo día tamén se clausurarán os cursos de “Ximnasia de Mantemento” levados a cabo en Lalín pola Asociación Mulleres en Igualdade A Xesta e pola Asociación Mulleres de Soutolongo así como dous obradoiros de “Pilates”, un deles impartido grazas á Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras Abaleiña de Vilagarcía de Arousa e outro grazas á Asociación de Mulleres Rurais Amas de Casa Citania Baion de Vilanova de Arousa.

 

Do mesmo xeito, o  vindeiro venres 17 de xaneiro tamén finalizarán os cursos de “Bricolaxe e reparacións no fogar”, impartido a mulleres da Asociación de Vecinos Nosa Terra de Alcabre de Vigo, e de “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, levado a cabo pola Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras de Trabanca Sardiñeira de Vilagarcía de Arousa. No marco deste “Conectadas 2019” tamén se porá fin o próximo sábado 18 ao obradoiro de “Iniciación ao scrapbooking” levado a cabo pola Asociación de Veciños de Cabreira-Xermen-Salvaterra de Salvaterra do Miño.

 

“Conectadas 2019” é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para empoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital.  Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.