Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Jueves, 16 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Carlos Costal Fernández gaña o IV Torneo Intercentros de Xadrez

O pasado 13 de xaneiro de 2020, e baixo a dirección de Alejandro de León (persoal administrativo do centro educativo), celebrouse no IES Val do Tea de Ponteareas a IV edición do Torneo Intercentros de Xadrez coa participación dos alumnos do IES do Barral o IES Pedra da Auga e o IES Val do Tea.


Participaron un total de 47 alumnos e alumnas que acompañados polos seus profesores, e baixo a atenta ollada da catro veces campioa de España feminina Yudania Hernández, disputaron un torneo de 7 roldas a 7 minutos resultando vencedor Carlos Costal Fernández, segunda clasificada Noelia Malmierca Julián e terceiro David Lago Rodríguez.


É importante subliñar que con este Torneo de Xadrez ao igual que con outras actividades Intercentros, trátase de acadar un intercambio educativo entre tódolos alumnos e alumnas participantes.


Na entrega de agasallos e trofeos ademáis da Vicedirectora do Val do Tea, Uxía Martínez, estiveron por parte do Concello de Ponteareas Cristina Fernández como Concelleira de educación e Miguel Bouzó como Concelleiro de Mocidade.


A vindeira cita xadrecística Intercentros celebrarase no IES Pedra de Auga a finais de febreiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.