Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 18 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Trasplantados en Nigrán 30 abetos de Nadal

Os exemplares foron plantados esta semana polos nenos no parque público de Poutón (Vilariño) grazas á colaboración das concesionaria Brocoli, Cespa e Aqualia e aos viveiros Figueragro e Casaplanta

O Concello de Nigrán realizou esta semana no parque público de Poutón (Vilariño) a plantación de 30 abetos reunidos na primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal co obxectivo de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza. Cen escolares de tódolos colexios de primaria do municipio e usuarios do Juan María, co apoio do persoal das concesionarias Brocoli, Cespa e Aqualia e dos viveiros de Nigrán Figuerago e Casaplanta, fixeron realidade este 'Bosque de Nadal', unha iniciativa pioneira e que se repetirá ano a ano. 

 

Baixo este criterio sostible, o Concello implicou aos colexios públicos como punto de recollida dos exemplares entre os días 8 e 10 de xaneiro. Na campaña colaboraron desinteresadamente as concesionarias CESPA trasladando os exemplares, Brocoli (adxudicataria da conservación e reposición de zonas verdes) na plantación e poda e Aqualia no rego empregando só auga dos tanques de tormenta de Porto do Molle, o que permite a súa reutilización. Deste xeito, o Concello desenvolve unha iniciativa de economía circular contemplada na Axenda 2030 para acadar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través das alianzas.

 

"Trátase dunha campaña do Concello de Nigrán na que tamén implicamos a empresas e cidadanía en xeral porque o obxectivo non é só crear un bosque, ímos máis alá, buscamos a concienciación ambiental, difundir a reutilización e, en definitiva, a sostibilidade", defende o alcalde, Juan González, quen preside o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que, entre outras cuestións, promove intensamente na política local a Axenda 2030.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.