O PORRIÑO
O PP solicita que se amplien os horarios da Biblioteca Municipal
Os populares levan a pleno unha moción para ampliar os horarios da sala de estudo que na actualidade non responde ás demandas do colectivo de estudantes
O grupo municipal do Partido Popular instará en pleno ao goberno municipal a buscar as fórmulas precisas para que a Biblioteca Municipal amplíe os seus horarios atendendo á demanda do colectivo de estudantes.
Na actualidade a Biblioteca Municipal ten un horario de apertura de 8:30 h. a 20:30 h, de luns a venres.
"O Porriño non dispón de ningún espazo adecuado para o estudo as fins de semana", explicou a edil Antía Carrera, "Esta reivindicación dos mozos e mozas da nosa vila non foi atendida ata o de agora. A proposta que poñemos sobre ea mesa pode levarse a cabo sen moita dificultade".
"En referencia ao horario de apertura sería conveniente que se ampliara xa que, sobre todo en época de exames, universitarios e opostores vense obrigados a trasladarse a salas de estudo de municipios veciños xa que ofertan un horario máis amplo, chegando a abrir 24 h", apuntou Alejandro Lorenzo, "Actualmente o horario da sala de estudo da Biblioteca Municipal non é acorde cos horarios lectivos dos estudantes e non responde ás súas necesidades".
Por todo isto, os populares propoñen que as instalacións estén abertas de luns a sábado, en horario de 9 h a 21:30 h e os domingos de 9 h a 14 h. Asimesmo, en época de exames a sala de estudo permanecerá aberta ata as 12 da noite.
"Os mozos e mozas do Porriño poderán así contar con instalaciones propicias para o estudo e non terán que trasladarse a outros lugares, como acontece agora", concluíu Lorenzo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149