GALICIA
A Xunta proponlle ao Goberno de España un acordo para impulsar obras de saneamento en Galicia
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán
A Xunta de Galicia propúxolle ao Goberno de España un acordo global de colaboración para impulsar conxuntamente as obras de saneamento máis prioritarias para a Comunidade autónoma. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, na que abordaron a situación das principais necesidades en materia de augas en Galicia.
A conselleira, que estivo acompañada da directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e do xerente da entidade, Gonzalo Mosqueira, trasladou a disposición da Xunta a colaborar economicamente, achegando fondos propios da Comunidade Autónoma, para cofinanciar as actuacións de saneamento declaradas de interese xeral do Estado, como son as obras de Ponteareas, A Illa de Arousa, e de Raxó (Poio) e Sanxenxo.
O acordo global formulado pola Xunta consiste en que, ademais, o Goberno de España colabore, achegando fondos europeos do treito estatal, a cofinanciar outras obras igualmente necesarias, como o saneamento de Monforte de Lemos, de Salvaterra de Miño e Ames.
O obxectivo da proposta do Goberno galego é garantir o aproveitamento dos fondos europeos do actual período operativo para atender necesidades de saneamento urxentes que dispoñen de proxectos avanzados para poder executarse no curto prazo.
Na xuntanza, a conselleira reiterou o compromiso da Xunta co cofinanciamento das obras da depuradora de Santiago, que, pola modificación do proxecto inicial non poderán optar a fondos europeos do actual período operativo. Ethel Vázquez avogou por plasmar nun convenio de colaboración os termos concretos do financiamento desta infraestrutura sobre a que está aínda aberto o proceso de contratación do proxecto.
Este acordo permitiría aproveitar os fondos Feder do actual período operativo para atender necesidades de saneamento urxentes e que dispoñen de proxectos para executarse a curto prazo
Para avanzar no saneamento das augas na mesma bacía do río Sar, a conselleira apostou por impulsar con fondos autonómicos e fondos europeos do actual período dos que dispón o Goberno de España, a mellora do sistema de saneamento de Ames-Brión, á que se sumaría unha actuación tamén no sistema de saneamento de Calo-Milladoiro.
Abastecemento de auga a Vigo
Na xuntanza, o Goberno galego manifestou tamén o seu interese por avanzar na procura de solucións estruturais ao abastecemento de auga a Vigo e sur da provincia de Pontevedra, sobre o que a Xunta cofinanciar un estudo que debe acometer o Goberno de España.
A conselleira demandou que as actuacións necesarias para garantir a auga a esa comarca sexan declaradas de interese xeral do Estado, acadando así maiores garantías para o seu financiamento. A Xunta considera necesario aplicar en Vigo, unha comarca con 600.000 habitantes, o mesmo sistema que se aplicou noutros contornos urbanos menos poboados, como Ourense e Pontevedra.
Ademais, a conselleira solicitou a colaboración do Ministerio para a Transición Ecolóxica na tramitación necesaria para construír o novo emisario da depuradora de Ponte
Finalmente, reiterou a demanda de que se liciten o antes posible as obra de dragaxe da ría do Burgo, de forma que se garanta a calidade ambiental dese entorno e a actividade económica dos profesionais do mar.
Ethel Vázquez salientou que foi unha xuntanza frutífera na que ambas as dúas Administracións puideron revisar as necesidades máis importantes do saneamento e abastecemento das augas en Galicia e confiou en que este encontro derive en acordos concretos que permitan impulsar todas as actuacións precisas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184