VIGO
Caballero urxe á Xunta o proxecto de ampliación do IFEVI
A Xunta responde que vai “resolver os problemas ocasionados pola falta de planificación urbanística do concello de Vigo”
O rexedor referiuse á información publicada nos medios de comunicación sobre o envío dunha carta da conselleira de Medio Ambiente preguntando se o Concello quere facer a ampliación do IFEVI a través da Ordenación Provisional ou da Lei 3/2016 , o que cualificou como "tomadura de pelo; unha forma de perder o tempo en lugar de poñerse coa ampliación porque a decisión do Concello de Vigo manifestarase cando envíen o proxecto para sometelo a exposición pública".
Caballero insistiu en que o Concello de Vigo promoveu a ampliación do IFEVI a través da Lei Vigo na última reunión do Padroado do organismo "como se votou no Padroado coas reticencias dos membros da Xunta de Galicia", polo que a conselleira "perde tempo e tiña que ter mandado o proxecto para exposición".
Pola súa banda o goberno galego amosaba no escrito o seu “total compromiso coa ampliación de IFEVI” pero aclaráballe ao Alcalde que “dado que o seu goberno municipal non ten incluidos os terreos sobre os que se pretende levar a cabo a citada ampliación na súa ordenación provisional, procedese á aplicación da Lei 3/2016”.
Dende a Xunta tamén recordaban que ademáis era necesario o informe de AENA e señalan que “A Consellería competente por razón da materia remitirá o expediente á Consellería competente en Urbanismo e ordenación do Territorio, á que solicitará con carácter de urxencia aqueles informes que sexan preceptivos de acordo coa lexislación sectorial aplicable”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116