Mos
O PP esixe na Deputación copia do informe do PXOM que aínda non recibiu o concello
“Unha filtración que, claramente, esconde un interese político, e polo tanto hai que esixir responsabilidades políticas ao respecto”, sinala Cubela.
Deputados provinciais do Partido Popular, acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Árévalo, rexistraron hoxe na Deputación de Pontevedra unha solicitude urxente para que o informe solicitado polo Concello de Mos sobre a modificación puntual do PXOM chegue de unha vez por todas ao interesado. O voceiro do grupo, Jorge Cubela, amosa a súa sorpresa porque, despois de case unha semana desde que os xornalistas xa teñen unha copia, o Concello de Mos aínda non o recibiu, a pesar de ser que solicitou o documento á institución provincial. “Unha falta de lealtade absoluta, unha intromisión gravísima na autonomía local, e un claro uso político e partidista desta casa que é intolerable”, denuncia Cubela.
Nesta liña, sinala que hoxe é 16 de xaneiro e a única información que ten Mos sobre o contido deste informe é a través dos medios de comunicación. “Unha filtración que, claramente, esconde un interese político, e polo tanto hai que esixir responsabilidades políticas ao respecto”. Ademais, critica que “se están usando partidariamente os instrumentos desta casa nun procedemento xurídico regrado, como é a modificación puntual do PXOM”.
Cubela recorda que non é a primeira vez que desde a Deputación de Pontevedra se fai uso partidista desta institución para danar a imaxe do Concello de Mos. “Sen ir máis lonxe, usáronse fondos provinciais para subvencionar acción políticas contra o Concello de Mos, ao pagar en novembro un concerto no que se acusaba á administración local mosense de corrupta e de facer pelotazos urbanísticos”..
“Cremos que non se pode tolerar esta falta de respecto institucional cun concello desta provincia, e menos aínda antepoñer intereses políticos e locais aos da institución”, conclúe.
Pola súa parte, Nidia Arévalo esixe á presidenta da Deputación, Carmela Silva, “respecto para todos os veciños de Mos. Se non sabe o lugar que ocupa, deberá marcharse, pero esta é unha institución provincial que representa a 61 concellos e ten que respectalos. Xa non me atrevo a pedirlle que me tenda a man, porque nunca o fixo, pero como mínimo que respecte ao meu concello”.
“Pasou case unha semana e nin o Concello de Mos nin a Xunta ten o informe. Unha vez máis se demostra que esta casa está dirixida con un claro interese político, a deslealtade é gravísima. Se lle contesta á prensa e non ao concello”, engade.
Arévalo tamén se referiu ás declaracións de Font, e entende que “como non ten nada que dicir sobre un feito tan grave, o deputado se dedica a falar dos informes. Pero quen é Font para falar dos informes que chegan ao noso concello? Que respecto á autonomía local é esa?”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58