Galicia
A espera media para unha ciruxía en Galicia é de 54,5 días
Núñez Feijóo explica que Galicia se sitúa como unha das comunidades con mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, indicaba o pasado xoves na rolda de prensa do Consello, os primeiros datos de lista de espera relativos ao pasado ano que se publicaron recentemente e que reflicten que o tempo medio de espera cirúrxica do Sergas no 2019 foi de 54,5 días.
Son, dixo, máis de 7 días menos que en decembro do ano anterior, sendo esta a mellor cifra desde que hai rexistros. Esta é unha tendencia de redución que xa se vén manifestando nos últimos anos e que sitúa a Galicia entre as catro comunidades con menos demora.
En concreto, Feijóo destacou que os indicadores melloran, baixa considerablemente o tempo medio de espera nas primeiras consultas por enfermidade no hospital, nas probas diagnósticas e na área cirúrxica.
En definitiva, subliñou, este primeiro avance sitúa a Galicia como unha das comunidades con mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde. Momento no que tamén aproveitou para expresar o seu agradecemento e recoñecemento a todos os profesionais da Sanidade Pública.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149