Sábado, 21 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 17 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Mos e AFAGA formalizan a cesión do uso da antiga Casa Reitoral de Petelos

A alcaldesa, Nidia Arévalo, e Juan Carlos Rodríguez en representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, asinaron onte no Concello o convenio de colaboración

Onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, en representación de AFAGA, asinaron no salón de sesións do Concello de Mos o convenio para a concesión das instalacións integrantes da antiga Casa Reitoral de Petelos a favor da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia.

 

A cesión do uso a AFAGA outórgase para a atención das persoas maiores.

 

Como é sabido o Concello acometeu fai anos obras de restauración e acondicionamento do edificio aos efectos de poder destinalo ao citado de fin de atención a maiores.

 

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos do pasado mes de novembro (luns 25 de novembro para ser exactos, en sesión ordinaria) acordou a concesión demanial directa a AFAGA. Esta concesión directa ven ligada á notoria aportación da Asociación á comunidade en materia social, a súa defensa da mellora das condicións de vida dos maiores, fomento do Desenvolvemento cultural e social, potenciación dos principios de solidariedade, igualdade, xustiza e liberdade, promoción e dereito á saúde dos maiores, etc.

 

O sistema é de concesión demanial directa, toda vez que se trata dunha asociación sen ánimo de lucro, que realiza fins de interese xeral. A concesión do uso é ademais con carácter gratuíto. Terá unha duración de seis anos a contar desde a sinatura do convenio.

 

Os programas que se levarán a cabo nas instalacións da antiga Casa Reitoral de Petelos adicada a enfermos de Alzheimer e outras demencias abordarán a prevención da dependencia dos usuarios, a atención e asesoramento ós mesmos, a estimulación cognitiva e funcional, e a atención psicolóxica tanto a enfermos coma ós seus familiares e/ou coidadores.

 

Os obxectivos que se perseguerán dende dita área son a mellora da calidade de vida dos enfermos de demencias neurodexenerativas e dos membros do seu entorno, o mantemento da autonomía e a independencia persoal durante o maior tempo posible, a mellora do estado físico-emocional do coidador, o adestramento das capacidades cognitivas do enfermo, a información e asesoramento ás familias sobre Recursos Sociais, e a realización de actividades de prevención do deterioro físico e cognitivo.

 

As instalacións atenderán a beneficiarios directos e indirectos. Os beneficiarios directos serán maiores e/ou persoas con diagnóstico de Alzheimer ou outro tipo de demencia en fase leve ou leve-moderada. E os beneficiarios indirectos serían os familiares e/ou coidadores dos usuarios directos e todas aquelas persoas que desexen recibir algún tipo de orientación ou asesoramento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.