Ponteareas
Deputación inicia as obras para a mellora do acceso á Igrexa de Guláns
O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, asistiu ao inicio dos traballos que teñen un orzamento de máis de 300.000 euros e un prazo de execución de 5 meses
A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras do proxecto para a mellora da mobilidade e seguridade peonil na estrada provincial EP-4004 de acceso á igrexa de Guláns, dende o PQ 0+000 ao PQ 0+490, no concello de Ponteareas. A actuación, a cuxo inicio asistiu hoxe o deputado de Infraestruturas Gregorio Agís, acompañado do alcalde Xosé Represas, foi adxudicada á empresa "Obras, Reformas e Saneamentos, S.L." cun orzamento de 305.023,73 euros. O prazo de execución das obras é de 5 meses nun proxecto enmarcado nos criterios de mobilidade segura da Deputación de Pontevedra.
O obxecto da actuación é a mellora do firme actual da estrada, a mellora das instalacións e a ampliación da beiravía, o que permitirá mellorar a mobilidade nesta vía. En concreto, levaranse a cabo obras nun tramo de case 500 metros da estrada, que dá acceso á igrexa e o cemiterio de Guláns, así como ao colexio Feliciano Barrera. Ata o de agora, este tramo carecía de elementos de calmado de tráfico e seguridade peonil.
O deputado Gregorio Agís destacou a importancia desta intervención que "busca a mellora da seguridade peonil e dos servizos públicos". Ademais, "esta contorna agradece este tipo de actuacións que poñen en valor un espazo, dándolle prioridade a seguridade dos peóns sobre o tráfico rodado", engadiu o deputado. Por último, Agís tamén fixo fincapé na renovación do alumeado "substituíndoo por un novo sistema máis eficiente e sostible". Pola súa banda, o alcalde de Ponteareas puxo en valor que a Deputación atendeu a demanda do concello. "Este é un exemplo da colaboración entre institucións", asegurou, e subliñou que "a intervención será satisfactoria para todas e todos, especialmente para a veciñanza".
O tramo da actuación, con velocidade limitada a 30 quilómetros por hora, está composto por unha calzada de dous carrís, de 3 metros cada un, e dúas beiravías de tamaño variable. Así, o proxecto inclúe unha beiravía na marxe esquerda para garantir a mobilidade e seguridade da veciñanza, e na zona da igrexa contempla unha plataforma única compartida con prioridade para os peóns. Ademais, tamén se procederá á mellora e renovación do alumeado público, así como á execución da sinalización horizontal e vertical correspondente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149