NIGRÁN
Seis entidades de Nigrán terán o IBI bonificado nun 95%
O CRC O Torreiro de Priegue será unha das entidades beneficiarias da rebaixa no IBI
As agrupacións que se poden beneficiar e que así o solicitaron son A.V. 'A Camoesa', CCD 'Bolos da Carrasca', A.V. 'A Unión', CCR 'O Torreiro', A.C. 'As Angustias' e AVCD 'O Castro'
O goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturáis que así o solicitaron por rexistro para conseguir unha bonificación do do 95% do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo goberno de Nigrán no 2016).
Con esta declaración o “CRC O Torreiro de Priegue”, a “Asociación Cultural As Angustias”, o “Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca”, a “A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa”, “Asociación de Veciños A Camoesa” e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva 'O Castro' verán rebaixado o seu recibo en preto de 1.300 euros ao ano.
"Trátase dunha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un traballo fundamental durante todo o ano de promoción da cultura e das relacións veciñais”, subliña o alcalde, Juan González, quen recalca “a contribución pública destas entidades á cultura e sempre cunha inequívoca función social”.
O CRC O Torreiro de Priegue será unha das entidades beneficiarias da rebaixa no IBIO goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturáis que así o solicitaron por rexistro para conseguir unha bonificación do do 95% do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo goberno de Nigrán no 2016).
Con esta declaración o “CRC O Torreiro de Priegue”, a “Asociación Cultural As Angustias”, o “Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca”, a “A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa”, “Asociación de Veciños A Camoesa” e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva 'O Castro' verán rebaixado o seu recibo en preto de 1.300 euros ao ano.
"Trátase dunha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un traballo fundamental durante todo o ano de promoción da cultura e das relacións veciñais”, subliña o alcalde, Juan González, quen recalca “a contribución pública destas entidades á cultura e sempre cunha inequívoca función social”.






















Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58