Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 17 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Corporación de Ponteareas condenou a violencia machista

Todos os grupos da Corporación convocaron unha concentración en repulsa da violencia machista hoxe venres ás 12 do mediodía diante do Concello

A Corporación do concello de Ponteareas (BNG, PSOE, PP E ACIP) condena os feitos acontecidos na noite de onte na que unha veciña era vítima da violencia machista e rexeita de cheo todo tipo de violencias. Todas e todos os membros da Corporación fan un chamamento á cidadanía para traballar de xeito conxunto na erradicación da violencia de xénero, denunciando e descubrindo ante as autoridades accións e actitudes impropias nunha sociedade cívica, respectuosa e avanzada.

 

Así mesmo, convidan a toda a veciñanza a construir unha sociedade igualitaria na que as diferenzas non sexan de xénero se non diferenzas enriquecedoras que manifesten o mellor de cada un e de cada unha.

 

Todos os grupos coinciden en destacar que non se deben perder os folgos e que cada día é preciso a concienciación, a formación e os apoios ás vítimas.

 

O concello, que dende o momento en que tivo coñecemento a concellería de Igualdade e o CIM lle prestou o seu apoio á familia, reafirma este compromiso e a disposición de axudar con todos os medios municipais cos que se contan para seguir ao lado da vítima e dos seus achegados.

 

Todos os grupos da Corporación convocaron unha concentración de repulsa da violencia de xénero hoxe venres ás 12 do mediodía diante do concello na que estiveron apoiados pola cidadanía. A Corporación lamenta profundamente estes sucesos e agarda que todas e todos xuntos poñamos fin á violencia de xénero

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.