Mos
Loureiro culpa ao "mal tempo" do retraso no asfaltado do acceso o Colexio de Atín
As condicións meteorolóxicas adversas dos últimos meses impediron que o terreo acadase o nivel de compactación necesario
O vindeiro xoves farase unha nova comprobación para intentar iniciar os traballos o venres
A concelleira de Educación mosense Julia Loureiro, respostou ás informacións publicadas en prensa polos socialistas de Mos sobre as obras de mellora do acceso traseiro ao Colexio de Atín.
A edil Loureiro aclara que “queda pendente o asfaltado debido as adversas condicións meteorolóxicas deste inverno e o pasado outono, que afectan ao terreo debido ao tipo de solo e á auga que baixa do monte e se filtra no mesmo”. A concelleira de Educación explica a este respecto que “debido ás intensas choivas, o terreo está tardando moito en compactar, polo que a unidade técnica da Consellería de Educación da Xunta de Galicia non dá o visto bo para iniciar os labores de pavimentado do firme, ante a escasa compactación do solo”. Si se asfaltase xa, a obra quedaría mal, e o firme abriríase ao cabo de poucos meses.
“Polo tanto”, sentencia Julia Loureiro, “non é unha cuestión de deixadez nin por parte do Concello de Mos nin da Xunta de Galicia”. Loureiro informa ademais que existe unha comunicación constante sobre estes traballos entre a unidade técnica da Xunta, o Concello, a empresa construtora, a dirección do centro educativo e a ANPA. E insiste en que “esta información xa se atopa tamén en mans da Asociación de Nais e Pais de Alumnos, coa que falo en persoa periódicamente para tela ao tanto de todo este proceso”.
Por último, a concelleira de Educación anunciou que, dado que a semana que ven prevese bo tempo, o xoves 23 de xaneiro supervisarase o terreo e, se o chan tivese chegado ao nivel de compactación óptimo para iniciar o asfaltado, comezaríase cos traballos de pavimentación o venres día 24. Do contrario, haberá que esperar a que o terreo teña o índice de compactación necesario.
Loureiro lamenta que estando a obra contratada e simplemente á espera de que se cumplan as condicións técnicas necesarias para realizala, o PSOE de Mos fale de irresponsabilidade. “O traballo pendente farase, como é lóxico, cando se cumplan as condicións necesarias para garantir que o resultado do mesmo sexa correcto”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58