PROVINCIA
A Deputación pecha con "enorme éxito de participación" Depotermal 2019
Vigo e Pontevedra foron os concellos con máis persoas maiores que desfrutaron da iniciativa provincial de termalismo para promover o envellecemento activo
Promover o avellentamento activo, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade eran os obxectivos marcados para o programa “Depotermal 2019”, impulsado dende a Deputación de Pontevedra. Deste xeito, os datos relativos á participación na iniciativa amosan o trunfo do programa de termalismo.
No ano 2019 participaron no programa “Depotermal” 2.877 persoas de 56 concellos da provincia de Pontevedra. Nos cinco meses que se desenvolveu, 565 persoas puideron gozar da modalidade diúrna, mentres que 2.312 se beneficiaron do programa con pernoita, ademais das persoas en situación de risco de exclusión social que foron subvencionadas pola Deputación.
No programa impulsado pola Deputación de Pontevedra participaron mulleres e homes de 56 concellos da provincia
Novembro foi o mes que contou cunha maior afluencia de participantes, posto que foi escollido por 1.346 persoas para desfrutar da iniciativa. Por outra banda, en outubro “Depotermal” contou con 854 homes e mulleres, en setembro con 358, en xuño con 228 e en decembro con 91. Deste modo, o concello que contou cun maior número de participantes no programa termal foi Vigo, con 1.098. Pontevedra foi o segundo con 233 persoas, mentres que Cangas, Redondela e Nigrán ocuparon o terceiro, o cuarto e o quinto posto con 123, 118 e 91 participantes respectivamente.
O programa da Deputación de Pontevedra cumpre co dobre obxectivo de promover o envellecemento activo ao tempo que dinamiza a economía da provincia, impulsando o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade e, polo tanto, desestacionalizando a demanda. “Depotermal 2019” estivo dirixido a persoas empadroadas na provincia nadas antes do 1 de xaneiro de 1969, ou a aquelas que, nacendo con posterioridade son pensionistas, teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149