REDONDELA
As familias de Redondela reciben formación en educación sexual
A Asociación Érguete organiza hoxe ás 19.00 horas do Multiusos da Xunqueira unha charla interactiva coa médica especialista en Educación para a Saúde, Ana Prejigueiro, que aportará chaves para que pais e nais poidan falar de sexo cos seus fillos e fillas dunha maneira máis doada
A Asociación Érguete organiza hoxe ás 19.00 horas no Multiusos da Xunqueira de Redondela unha charla interactiva sobre educación afectivo-sexual para as familias. Será impartida pola médica especialista en Educación para a Saúde, Ana Prejigueiro Santás e tratará de afondar na educación sexual que as familias imparten a nenos e nenas, e a importancia de mellorar a comunicación entre ambas partes.
Esta charla ten como obxectivo axudar as familias nun aspecto tan importante da educación de menores como é a sexualidade. Unha formación que a ONU define como “esencial para a saúde e benestar de rapaces e rapazas. “É algo do que hai que falar na familia, se non llo facilitas, irán a Internet ou ao porno, e iso pode traer máis confusión e malos hábitos”, explican dende a Asociación Érguete.
O Ministerio de Sanidade avisou o pasado verán dun aumento do número de infeccións de transmisión sexual do 26% entre 2013 e 2017, mentres que o uso do preservativo entre mozos e mozas descendeu dun 84 a un 75% entre 2002 e 2018
Segundo a Encuesta Nacional sobre Salud Sexual y Anticoncepción entre los JóvenesespañolesdaSociedadeEspañoladeContracepción(SEC),noano2019 un 48% dos menores consultados consideraba Internet como a fonte de información máis adecuada sobre temas sexuales, mentres que un 45,5% afirmaba que a súa primeira fonte de información son os amigos e amigas, por diante do profesorado (28%), as nais (23,1%) e o pai (12,4%). Ademais a enquisa tamén recolle que a idade media da primeira relación sexual sitúase nos 15,7 anos entre a mocidade con idades entre os 16 e 18 anos. Mentres que a media para iniciarse no porno é de 11. Cinco anos no que imaxinario sexual está formado a partir da pornografía. Cos perigos, confusións e mesmo comportamentos machistas que esta situación pode traer.
Polo de agora en España a educación sexual non está implantada no sistema educativo e as últimas estatísticas sobre enfermidades de transmisión sexual avisan de que algo estase a facer mal. O Ministerio de Sanidade avisaba o pasado verán dun aumento deste tipo de doenzas do 26% entre 2013 e 2017, mentres que o uso do preservativo entre mozos e mozas descendeu dun 84 a un 75% entre 2002 e 2018.
A charla interactiva responde a esta falta de información que a Asociación Érguete detecta na sociedade e forma parte Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Aditivas da Xunta de Galicia no Concello de Redondela da que se encarga a Asociación. Un dos programa que organiza é o chamado “Máis que un teito” que consiste nun ciclo de conferencias dirixidas ás familias en diversos temas relativos a prevención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91