Lunes, 09 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 25 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Goberno de Salceda critica o voto "en contra" da oposición para pagar as facturas pendentes

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda lamenta o acontecido na Comisión Informativa celebrada onte, onde unha vez máis o Partido Popular de Salceda seguiu na liña de votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitirá o pago de 783.121,60 € a diferentes provedores do Concello de Salceda. O REC debatirase nun pleno extraordinario o vindeiro xoves 23. A pesares de acreditar a existencia suficiente de crédito nas diferentes partidas orzamentarias e liquidez nas contas bancarias do Concello, o Partido Popular decide seguir na súa liña de ir en contra da acción de Goberno, sen importarlle que os proveedores poidan ou non cobrar polos traballos realizados para o Concello.

 

Denuncian dende o equipo de goberno a enorme irresponsabilidade do Partido Popular, que defende os seus intereses sobre os intereses, neste caso, das empresas e autónomos que traballan para o Concello de Salceda. Lembran dende o Equipo de Goberno, que na relación de pagos inclúense facturas de servizos fundamentais como o Servizo de Axuda no Fogar, para o cal o Concello de Salceda leva feito un esforzo importante de incremento de horas para poder atender a todas aquelas persoas que o precisan, así como facturas derivadas de rogos e peticións presentadas polos diferentes grupos da corporación.

 

Lembran dende o equipo de goberno que o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito é unha figura legal para “evitar o enriquecemento inxusto da Administración”. O informe de intervención sinala tamén que “existe crédito suficiente nas aplicacións adecuadas do orzamento para 2019 para a imputación das obrigas cuxa aprobación se propón”.

 

Lucía Pereira, Concelleira de Facenda: “Non existe ningún motivo para non pagar a proveedores e empresas, en moitos casos de Salceda, que realizaron os seus traballos ou ofreceron os seus servizos. Parécenos de extrema gravidade poñer en risco os ingresos de todos eles polos intereses dun partido político”.

 

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Salceda é un municipio dinámico no que os servizos medran continuamente, o cal require un maior esforzo orzamentario. O Concello de Salceda conta con liquidez suficiente para facer fronte de inmediato ao pago das facturas adebedadas, e é cuestión de responsabilidade facelo canto antes”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.