VIGO
Caballero valora o novo carril bici no Porto de Vigo
O alcalde de Vigo valoraba esta semana o proxecto para construír un novo carril bici na fronte marítima da cidade pero lembrou que a administración autonómica aínda ten pendente levar a cabo o túnel ao longo da avenida de Beiramar. "Carril bici si, pero túnel tamén", sinalou
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou esta semanas a súa satisfacción polo novo carril bici desde a Praza da Estrela ata a Praza da Conserva que construiría a Autoridade Portuaria, pero reclamou que a Xunta de Galicia constrúa "o túnel de Beiramar proxectado hai quince anos para recuperar os terreos da avenida para uso cidadá".
"Quero carrís bici, agradezo ao Porto o esforzo, pero o paseo de Beiramar ten que ser peonil e a Xunta anunciou este proxecto durante as últimas tres campañas electorais", sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
O alcalde facía así referencia á publicación no DOG de febreiro de 2009 do proxecto para construír un subterráneo na fronte marítima que vai desde o Berbés ata a rúa Coruña e destacou que non houbo avances desde entón. "Quero todo Beiramar peonil, agora só falan do carril bici, pero tamén queremos túnel", engadiu.
Caballero destacou que o proxecto conectaría cos actuais túneles que xa existen na cidade, de forma que o Beiramar quedaría peonil e o tráfico circularía baixo terra. Tamén fixo mención ao Plan Nouvel que non chegou a desenrolarse.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141