VIGO
Concello e Deputación investirán na Ronda de don Bosco1,5 millóns
Cun orzamento de 1,5 millóns e un prazo de execución de dez meses, Concello e Deputación humanizarán a Ronda de don Bosco. O proxecto converterá a zona en semipeonil, cunha limitación de velocidade de tráfico de 10 quilómetros/hora o que permitirá darlle hexemonía absoluta aos peóns
Abel Caballero e Carmela Silva participaron esta semana no acto de colocación da primeira pedra do que vai ser a humanización da Ronda de don Bosco, unha rúa "que leva cen anos abandonada". As obras permitirán actuar en 5.600 m2, cun orzamento en 1,5 millóns, dos que 900.000 son achegados pola Deputación de Pontevedra e o resto, 617.000 euros, proceden de fondos municipais. En declaracións aos medios, o alcalde reiterou o agradecemento á Deputación pola súa implicación na cidade desde que Carmela Silva é presidenta". Tal e como detallou, vanse manter as árbores da zona, e procederase á renovación de firmes, do mobiliario urbano, de redes de de iluminación, abastecemento ou saneamento.
A actuación abrangue desde o Mercado do Progreso ata a rúa Velázquez Moreno e entre a rúa Eduardo Iglesias e o Paseo de Granada, posto que a parte intermedia xa está humanizada. O proxecto, explicou o rexedor, ten como núcleo central a transformación do xardín situado fronte á igrexa de María Auxiliadora para converter a zona en semipeonil, polo que a prioridade de circulación será para os peóns e quedará limitada a velocidade do tráfico rodado a 10 quilómetros por hora. "Trátase de darlle hexemonía absoluta aos peóns", recalcou.
No mesmo senso se manifestou a presidenta da Deputación, quen ademais de amosarse "encantada" de investir nunha rúa tan relevante de Vigo, avogou por seguir a colaborar co Concello en humanizacións sostibles, preservando a mobilidade e a accesibilidade, pensadas na xente e que permitan recuperar espazos para os cidadáns, priorizando ás persoas. Silva rematou avanzando que a cooperación do organismo provincial e o Concello seguirá dando os seus froitos e garantindo o respecto ao medio ambiente e ao Patrimonio Histórico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159