Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 23 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Mosto” e “Sura” viaxan desde o CAAN aos seus novos fogares en Asturias e Madrid

As familias adoptantes destes dous cans do Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación desprazáronse ex profeso a Meis para recollelos

O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra segue coa súa boa racha de adopcións neste inicio de ano e precisamente nestes últimos días dous dos cans que permanecían no centro atoparon un novo fogar fóra de Galicia, en concreto en Xixón e Madrid. As persoas que adoptaron a “Mosto” e “Sura” viñeron expresamente desde os seus lugares de residencia para levarse a estes cans, que levaban desde finais do pasado ano no centro.

 

[Img #59858]No caso concreto de “Sura”, que fora recollida tras ser abandonada en Sanxenxo en decembro, os seus novos donos ficaron con ela nada máis vela cando visitaron o CAAN durante as vacacións de Nadal coa idea de informarse sobre adopcións. “Nós pensabamos adoptar e mentres estivemos de vacacións na contorna nos falaron do centro _explica o adoptante, Roberto Seijo_. E fomos coa idea máis que nada de informarnos para adoptar un cachorro. A verdade é que alí dan ganas de levarse a todos, pero a nós se nos cruzou a cariña de Sura. Estaba moi tranquiliña. E nos dixeron que había que esperar para adoptala unha semana, así que volvemos a Madrid sen ela. Logo, púxose mala cando tiñamos as maletas preparadas para vir outro fin de semana, así que tampouco puido ser. Pero por fin, a pasada fin de semana fomos a por ela e xa está en casa”.

 

A adaptación de “Sura”, unha mestiza dun ano que ten cruce de setter e, está sendo todo un éxito. “É moi boa, e aínda que é un cambio grande en casa, porque é a primeira vez que temos un can, a verdade é que nos recompensa”, comenta o seu novo dono, que tamén quere destacar a profesionalidade do persoal do CAAN á hora de informarlles e atender a súa solicitude.  

 

Tamén viñeron desde Asturias ex profeso para levarse a “Mosto”, abandonado en Crecente no mes de novembro, José Luis Bernedo e Carmen Velasco, residentes en Xixón. Neste caso, eles contactaron co CAAN a través da páxina web para informarse sobre un can en concreto, xa que estaban interesados nun animal tranquilo, de menos de dous anos e de menos de doce quilos para vivir nun piso, trala morte do seu anterior can no Nadal. Tras comprobar que o elixido non cumpría esas características, barallaron outros catro e decidiron vir a Meis para velos. Así, esta pasada fin de semana leváronse a “Mosto”, un mestizo dun ano de idade que tamén se está adaptando moi ben a súa nova contorna. Para esta parella, é o seu segundo can adoptado, “e é unha experiencia que recomendaría”, subliña José Luis, que tamén alaba o trato recibido polo persoal do centro. “De feito, pensabamos poñer o comentario na web porque estamos encantados coa experiencia”, comenta o novo dono de “Mosto”.

 

Adopcións fóra de Galicia
Na recente presentación do balance do CAAN durante o pasado ano, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou que dos 466 animais adoptados no 2019, 413 foron a fogares de España (a maioría en Galicia, 405, e 8 ás outras comunidades) e 53 a Portugal. “Por provincias _relatou_, á cabeza se sitúa Pontevedra, con 345, mentres que para Lugo foron 36, para A Coruña 14 e para Ourense 10. E dentro da provincia pontevedresa, os concellos que máis adoptaron foron Sanxenxo (35), Pontevedra (32), e Meis (30).

 

O Centro de Acollida e Protección de Animais que xestiona a institución na Armenteira, dá servizo actualmente á 48 concellos da provincia, cunha poboación estimada de 400.000 habitantes. Nestes momentos, son arredor de 350 os cans e cadelas que se atopan nas instalacións á espera de ser adoptados. Na páxina web do centro (https://caan.depo.gal/), ademais de poder ver a todos os animais, pódense facer tamén todos os trámites relativos ás adopcións, que son gratuítas. Os cans e cadelas son entregados vacinados, desparasitados e esterilizados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.