VIGO
COGAMI inicia curso de competencias clave en Vigo para persoas con discapacidade
Financiado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, son 12 as persoas con discapacidade que se están a formar
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia un curso de Competencias clave que se imparte nas instalacións que a entidade ten en Vigo (Rúas As Teixugueiras, nº15, baixo, Navia.
Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, consta de 335 horas lectivas que se imparten ata o día 15 de maio, en horario de 15 a 20 horas, e está dividida nos seguintes módulos: lingua castelá, lingua galega, matemáticas e lingua inglesa.
O curso inicia con 8 persoas, 5 mulleres e 3 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo, con idades comprendidas entre os 29 e os 50 anos, que proceden dos concellos de Vigo e Nigrán. O obxectivo xeral desta acción formativa é prepararse para no mes de maio presentarse a un exame que se realizará en Silleda e, no caso de superalo, poderán acceder ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
Algunhas das persoas que están neste curso teñen experiencia laboral xa que anteriormente traballaron en sectores diversos como industria manufactureira, automoción, hostalería e limpeza.
COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora na comarca de Vigo con 1.559 persoas inscritas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141