Redondela
Redondela amosa todo o seu potencial turístico en Fitur
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, asistirán á 40 edición da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que se desenvolve en Madrid entre o 22 e 26 de xaneiro.
Rivas e Boullosa participarán na presentación oficial do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño que terá lugar no stand de Turismo de Galicia. Redondela forma parte deste proxecto creado en 2019.
Aproveitando a súa presenza na que é unha das citas máis importantes de Europa de recursos turísticos, Digna Rivas e Daniel Boullosa, manterán encontros con turoperadores para darlles a coñecer o enorme potencial turístico de Redondela.
Nesa liña, a rexedora local salientou a importancia de Redondela “como lugar e confluencia de dúas das Rutas Xacobeas que máis afluencia de peregrinos e peregrinas rexistra, como son o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa”.
Rivas chamou a atención sobre a necesidade de “apostar pola promoción turística do noso municipio como elemento dinamizador da economía local e desestacionalizador do turismo”. A presenza en Fitur, apuntaba o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, “é unha excelente oportunidade para dar a coñecer os grandes recursos turísticos naturais, culturais e hisóricos cos que contamos é que é preciso fomentar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91