PROVINCIA
As rutas fenicias en barco polas rías de Vigo, Arousa e Pontevedra en Fitur
A directora de Turismo de Galicia presentou en Fitur as novidades desta experiencia turística que percorre a costa galega
As viaxes en minicruceiros polas rías galegas que permiten coñecer o legado fenicio en Galicia, as Rutas dos Fenicios polo Atlántico, ofrecerán en 2020 itinerarios a vela de seis, dous e un día de duración para conseguir alongar a experiencia e dotala de autenticidade.
Así o anunciou na Feira Internacional de Turismo, Fitur, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen participou na presentación da nova campaña desta iniciativa impulsada pola Xunta coa que os participantes, ademais de observar as paisaxes desde o barco, poden empregar unha aplicación de realidade aumentada que lles permite apreciar os detalles de cada lugar permitindo coñecer xa unha vintena de elementos patrimoniais que atestigua o paso dos fenicios por Galicia.
A Ruta dos Fenicios polo Atlántico percorre as rías de Vigo, Arousa e Pontevedra coa intención de poder incluír unha ruta polo Alto Miño no futuro. Esta experiencia turística foi premiada o pasado ano polo Itinerario Cultural Europeo dos Fenicios nun acto celebrado na localidade italiana de Bari, na que tamén recibiron galardóns Sicilia e Plugia. Alí deuse forma á declaración de Bari para consolidar a tradición turística dos territorios da ruta dos fenicios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149