Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 27 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva aproba a primeira relación da liña de emprego do Plan Concellos

Coa financiación da Deputación, Crecente, Cuntis e Vila de Cruces poderán contratar este ano a 37 traballadores e traballadoras municipais”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a primeira relación das subvencións do Plan Concellos 2020 correspondentes á Liña 3 de Emprego, que este ano ten unha dotación de 9,5 millóns de euros.

 

Carmela Silva explicou que "é un total de 355.626,13 euros para 3 concellos da provincia, concretamente para os municipios de Crecente (88.203,08 euros), Cuntis (122.732,75 euros) e Vila de Cruces (144.690,30 euros)". Deste xeito os tres concellos da provincia de Pontevedra poderán contratar a un total de 37 traballadores e traballadoras municipais, 9 no caso de Crecente, 19 en Cuntis e outros 9 en Vila de Cruces.

 

As persoas que se contratarán ao abeiro deste plan, que tramitan os propios concellos, dedicaranse a traballos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Máis polo miúdo, Cuntis contratará 1 condutor ou condutora de retroescavadora, 1 operario ou operaria de asfaltados, 2 persoas técnicas en protección civil, 1 enxeñeiro ou enxeñeira técnica agrícola, 2 persoas para o servizo municipal de emerxencias, 2 técnicos ou técnicas en turismo, 2 persoas para recollida de lixo, 4 albaneis e 4 traballadores ou traballadoras para a limpeza das vías públicas. Pola súa banda, Crecente poderá contratar 1 condutor ou condutora de camións, 1 persoa operaria de albanelería, 4 operarios ou operarias teitadoras, 2 persoas de limpeza e 1 condutor ou condutora para maquinaria pesada. En canto a Vila de Cruces, contratará 2 condutores ou condutoras, 3 operarios ou operarias de obras, forestais ou xardineiros, 3 albaneis e 1 operador ou operadora de maquinaria de obra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.