PROVINCIA
Carmela Silva subliña o éxito do lanzamento de “Sigue o teu instinto” en Fitur
O “pistoletazo” de saída da campaña “Sigue o teu instinto” en FITUR de Madrid “foi a mellor presentación de todo FITUR, a que tivo máis xente, a máis bonita, humana e chea de emocións de todas”, asegurou orgullosa Silva ao tempo que daba a coñecer que dende o lanzamento da acción promocional acadáronse xa seis millóns de impactos en redes. Tamén presumiu a presidenta da Deputación de “regresar cargada de boas novas”, co premio ao mellor audiovisual de Fitur por “Fame de experiencias”, que se impuxo ás 60 candidaturas presentadas e superou á italiana Parma.
Desde o lanzamento da campaña “Sigue o teu instinto” os hasthags empregados (#Sigueoteuinstinto e #Detenteemira) chegaron a 1,3 millóns de persoas e acadaron preto de seis millóns de impactos. Soamente dende onte, o vídeo alcanzou preto de 4.000 visualizacións a través das redes sociais institucionais da Deputación de Pontevedra (Youtube, Facebook e Twitter) e a retransmisión en streaming está xa por riba das 700 visualizacións. “Tanto o vídeo principal como os outros dous falan dun modo de estar no mundo, de defensa da natureza, de sustentabilidade, e tamén de relación humana, de respecto ao conxunto das persoas, apostando pola diversidade”, asegurou Silva.
Silva dedicou á provincia o Premio recibido pola campaña “Fame de Experiencias” que foi escollido como o mellor audiovisual de 2019 na Feira Internacional de Turismo
Tamén amosou a presidenta a súa satisfacción pola repercusión acadada en medios galegos, nacionais e internacionais. Ao respecto, Camela Silva subliñou que as embaixadoras e embaixadores que participaron na presentación da campaña, Celia Freijeiro, Jazmín Abuín e Xabier Fortes, “conseguiron que tivésemos moitísima repercusión en medios e redes sociais”. A presidenta agradeceulles o seu apoio e destacou que “temos copado Madrid, xa é noso, desta provincia. Estou moi agradecida por esta xente moi potente que nos permite alcanzar unha difusión sen cuxo compromiso sería imposible”. Nesta mesma liña a presidenta destacou a colaboración de Leticia Dolera (creadora de “Vida perfecta”, a serie na que actúa Celia Freijeiro) que puxo a disposición da Deputación as súas 160.000 persoas seguidoras coas que compartiu o vídeo “Sigue o teu instinto”.
A presidenta da institución provincial amosou a súa alegría pola declaración do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Internacional, situándose como a primeira festa gastronómica de toda España en ser recoñecida con este distintivo. Tamén se sentiu orgullosa de que O Grove teña sido elixido o mellor destino petfriendly de España e que o Cámping a Paisaxe, que conta co distintivo SICTED do plan de Calidade da Deputación, teña acadado o galardón de mellor cámping de España. Ademais, tamén amosou a súa satisfacción pola renovación dos distintivos Q de calidade nas oficinas de información turística de Turismo Rías Baixas, o punto de información turística do Mosteiro de Armenteira, o punto de información turística do Aeroporto de Vigo, a oficina de Caldas de Reis, de Cangas, a oficina de turismo de Baiona e punto de información turística da Illa de Arousa, recollidos onte pola noite na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles de Madrid.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149