PROVINCIA
Máis de 325 mulleres da provincia rematan esta semana accións de “Conectadas”
A finalidade do programa de igualdade da Deputación é mellorar a formación das mulleres para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias
O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas 2019” que leva dende o mes de agosto poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación, chega a súa recta final. Así, ata o 1 de febreiro rematarán un total de 18 obradoiros nos que participaron 326 mulleres e que foron realizados nos concellos de Baiona, Campo Lameiro, A Estrada, Lalín, Meaño, Mondariz, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Valga e Vigo.
Deste xeito, o luns remataba en Campo Lameiro o obradoiro “Artesanía en Coiro”, que contou coa participación de integrantes da Asociación de Mulleres Rurais A Chanciña. Tamén ese mesmo día rematará outro obradoiro en Meaño e dous e Oia. En Meaño, mulleres da Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras A Telleira rematará o curso de “Conservación de alimentos e conservas artesanais” e en Oia, a Asociación de Mulleres Rurais remata o curso de “Ioga” e as Mulleres Rurais Amurga un de “Risoterapia”. Tamén este luns 27 de xaneiro remataba un curso de “Taichí” en Valga, ao que asistiron mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais Albor.
Hoxe martes 28 de xaneiro na Estrada a Asociación de Mulleres Rurais Os Muiños Curantes rematarán un obradoiro de “Teatro” e a Asociación de Veciños Xabriña de Mondariz pechan o curso de “Ioga”. Tamén o mesmo día, en Vigo, a Asociación de Veciños de San Pedro de Matamá pecha o obradoiro en “Bricolaxe e Reparacións no Fogar” e a Asociación de Veciños as Nosas Rúas de Vigo un de “Risoterapia”.
En canto ao mércores 29 de xaneiro rematarán en Baiona un curso de “Risoterapia” no que participaron mulleres de Asociación de Viudas de Bayona e un en Nigrán de “Bricolaxe e Reparacións no Fogar” para a Asociación A Camoesa.
No caso do venres 31 de xaneiro serán seis obradoiros de diferentes concellos os que rematarán. Na Estrada será o obradoiro de “Risoterapia”, onde participou a Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara Ancorados. En Mos péchase o obradoiro de “Iniciación á costura”, destinado á Asociación de Veciños Santa Baya. No caso de Pazos de Borbén, remata o curso de “Ximnasia de mantemento” no que participaron mulleres da Asociación Veciñal Santa María de Pazos. Por último, en Ponte Caldelas remata para a Asociación de Mulleres Rurais Aires do Norte un curso de “Pilates” e en Vigo un de “Ximnasia de mantemento” no que participou a Asociación de Amas de Casa e Consumo Agarimo e un de “Artesanía en coiro” para a Asociación de Veciños de Cabral. Para rematar a semana, o sábado 1 de febreiro finaliza o obradoiro de “Ximnasia de mantemento”, no que participaron a Asociación de Mulleres en Igualdade de Lalín.
Conectadas é o programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para empoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149