Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 28 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A enseada de San Simón esceario da estrea das rutas “Voando nas Rías Baixas 2020"

As persoas participantes, que esgotaron as prazas, puideron observar as aves acuáticas e mariñas desta paisaxe intermareal situada no máis profundo da ría de Vigo

A Enseada de San Simón  foi a paisaxe escollida este domingo para a observación de aves mariñas e acuáticas na primeira ruta de “Voando nas Rías Baixas 2020”, o programa de saídas gratuítas da Deputación de Pontevedra que a institución pon en marcha por terceiro ano consecutivo con Seo BirdLife. As rutas son unha iniciativa enmarcada no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para sensibilizar á poboación, internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra, ademais de traballar pola promoción do turismo ornitolóxico, un sostible e respectuoso co medio.

 

Durante esta primeira excursión, na que participaron as deputadas de Turismo e Medio Ambiente, Ana Laura Iglesias e Iria Lamas, as  25 persoas participantes puideron observar, nesta paisaxe intermareal situada no máis profundo da ría de Vigo, a invernada e o paso migratorio de aves acuáticas e mariñas. Ademais do pato asubiador, nesta zona destacan tamén as limícolas como o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirrubio e claro, o pilro común; ardeiros como a garza real ou os corvos mariños; e paxariños como o vistoso martiño peixeiro. Esta ruta, contou con guías especialistas de SEO-Birdlife e con material óptico e didáctico.

 

O programa da Deputación en colaboración con SEO-Birdlife permite, a través destas excursións guiadas, coñecer de xeito gratuíto a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra. Tras esta primeira ruta, “Voando nas Rías Baixas” continúa cunha segunda excursión o 16 de febreiro polo Complexo Intermareal Umia-O Grove. O prazo de inscrición para o segundo roteiro estará aberto dende o 3 ao 12 de febreiro. Posteriormente, o programa continuará polo esteiro do río Miño e Foz da Ramallosa, Brañas de Xestoso e Serra do Suído.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.