PROVINCIA
A Deputación potencia o proxecto Smartpeme
O goberno de Carmela Silva aproba un investimento no programa provincial de emprendemento de case un millón de euros para os anos 2020 e 2021
O proxecto Smartpeme, que a Deputación de Pontevedra presta desde o ano 2016 para o asesoramento tecnolóxico e de mellora de competitividade a pemes, persoas autónomas e emprendedoras, continúa crecendo e impulsando o desenvolvemento económico do tecido empresarial da provincia. A Xunta de Goberno acaba de adxudicar o servizo de evolución e xestión da Rede Smartpeme para este ano 2020 e o 2021 á empresa KMPG Asesores SL, por un orzamento de 975.018 euros. A presidenta Carmela Silva recalcou “o grande éxito deste programa que só no ano 2019 levou a cabo máis de 2.200 asesoramentos con 530 empresas da provincia e con actividades nas que participaron máis de 2.000 persoas”.
“Smartpeme _indicou Silva_ é un servizo que prestamos a autónomas, autónomos, pemes e a emprendedoras e emprendedores para que teñan instrumentos TIC que lles permitan poder ter unha maior calidade de prestacións de todos os servizos da súa empresa a través deses novos modos de facer negocio, de facer habilidade económica”. Recalcou que as cifras destes anos “son un bo eco da importancia de Smartpeme, e de como as empresas demandan este tipo de actuacións por parte das administracións públicas”, lembrando que desde o 2016, cando se puxo en marcha o programa, houbo “6.000 asesoramentos a 1.300 empresas da provincia e máis de 1.300 actividades con 8.000 asistentes”.
O servizo realizou en 2019 máis de 2.200 intervencións con 530 empresas da provincia
A presidenta anunciou que neste novo período o servizo vai incorporar novidades, en concreto, “os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e tamén todo o que ten que ver coa Responsabilidade Social Empresarial”. “Van ser _explicou_ outros dos servizos que van formar parte de Smartpeme, porque imos levar os ODS a todas as actuacións que desenvolvemos na Deputación de Pontevedra”.
Máis polo miúdo, a aposta polos ODS da Axenda 2030 da ONU, centrarase desde a carteira de servizos de Smartpeme Impulsa na contribución activa aos obxectivos de educación de calidade (número 4 dos ODS); igualdade de xénero (número 5); traballo decente e crecemento económico (8); industria, innovación e crecemento económico (9) e produción e consumo responsable (12).
Por outra banda, Smartpeme Conecta, que se concibe como o punto de encontro entre as necesidades de servizos TIC das empresas pontevedresas e as persoas que prestan estes servizos e a través do que se desenvolveron acordos con numerosos axente aglutinadores de empresas, seguirá avanzando na colaboración con outros axentes clave relacionados cos servizos Smartpeme.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149