Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 31 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O proxecto europeo AGRITOX estrea sitio web

A través desta ferramenta pódese consultar o traballo das once entidades participantes no proxecto entre as que se atopa a Estación Fitopatolóxica de Areeiro

O sitio web do proxecto europeo AGRITOX (http://agritox.eu), no que participa como socia a Deputación de Pontevedra, xa está en funcionamento para que quen o desexe poida consultar o labor que se está a levar a cabo entre as once entidades participantes na iniciativa. De feito, esta nova ferramenta conta cunha sección dedicada á Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

 

 

 

 

O obxectivo de AGRITOX é buscar solucións para evitar a contaminación de micotoxinas e proporcionar información á industria alimentaria da Área Atlántica

 

 

 

 

O proxecto AGRITOX, cun presuposto total de 1.954.138,80 euros, está cofinanciado polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional a través do Programa Interreg Atlatic Area, un programa de cooperación interrexional da Unión Europea. O seu obxectivo é proporcionar á industria alimentaria da Área Atlántica información e solucións para evitar a contaminación de micotoxinas, un desafío crecente debido ao cambio climático e un problema para a saúde. Esta premisa estase a levar a cabo mediante a cooperación internacional entre catro entidades de España, entre as que se atopa a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, unha do Reino Unido, catro de Portugal, unha de Irlanda e unha de Francia.

 

Os socios de AGRITOX están a desenvolver sistemas de alerta de toxicidade e plans de xestión de riscos da industria para asegurar a distribución de produtos, con novos métodos máis seguros para o cultivo, colleita e almacenaxe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.