GALICIA
Feijóo recibe a "medalla de ouro ao mérito" de Protección Civil
Nos últimos dez anos destináronse 12 millóns de euros para dotar ás agrupacións dos medios necesarios para levar a cabo as súas funcións
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu esta mañá a concesión por parte da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da medalla de ouro ao mérito e comprometeu o apoio da Xunta con estes profesionais que desempeñan un papel fundamental na atención á cidadanía en situacións de emerxencia.
A Xunta colabora desde hai anos coas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, un sistema de protección que comezou a artellarse en Galicia a principios dos anos 90, que entón contaba só con 9 agrupacións e hoxe suma máis de 220.
![[Img #60051]](https://xornal21.com/upload/images/01_2020/9429_200128_pte_vicepte_proteccioncivil_dcs_03.jpg)
Tanto é así que desde 2009 o Goberno galego destinou 12 millóns de euros para dotar ás agrupacións dos medios necesarios para levar a cabo as súas funcións. O obxectivo era que todas elas contaran como mínimo cun vehículo tipo pick-up, un remolque con material de atención a emerxencias e material específico dependendo da tipoloxía de risco máis frecuente no concello, como é o caso de esparexadores de sal ou cuñas quitaneves en zonas de montaña ou embarcacións en concellos de costa.
Para recoñecer o labor altruísta que levan a cabo as AVPC Galicia creou o ano pasado un decreto que regula as medallas ao mérito de protección civil e outras condecoracións
Ademais, ese importante esforzo concrétase tamén na convocatoria cada ano de axudas para o financiamento dos seus gastos correntes, a sinatura de convenios específicos para determinadas funcións como a vixilancia nos camiños de Santiago e a oferta cursos de formación a través da Academia Galega de Seguridade Pública.
Por último, para recoñecer ese labor altruísta que realizan día a día e fundamentalmente en grandes catástrofes as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, Galicia creou o pasado ano un decreto que regula as medallas ao mérito de protección civil e outras condecoracións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149