Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Domingo, 02 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O BNG esixirá o compromiso concreto nos orzamentos do Estado

O deputado do BNG no Congreso reuniuse en Ponteareas coa Plataforma N120

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, desprazouse oo a Ponteareas para coñecer de primeira man a carencia de seguridade na estrada N120, que cruza varias parroquias ponteareás soportando diariamente unha elevada carga de tráfico.


Rego, acompañado polo alcalde Xosé Represas e outros membros do BNG local,  reuniuse no Centro Cultural Xinzo coa Plataforma N120 para “escoitar as súas reivindicacións e trasladarlles o compromiso firme do BNG de defender ante o Ministerio de Fomento a necesidade de que as obras de mellora de seguranza viaria na N120 se realicen de forma inmediata”.


O deputado do BNG coincidiu nas demandas expostas pola plataforma, e adiantou que esixirá do goberno do Estado “un compromiso concreto nos orzamentos para 2020, cunha partida suficiente para o proxecto e o inicio da obra, así como a consignación plurianual necesaria para a súa execución”.


Néstor Rego referiuse no mesmo sentido á “variante de Ponteareas”, xa que “ambas actuacións teñen por obxectivo diminuír o tránsito de vehículos pola N120 e aumentar a seguranza, de modo que se poña fin ao  tráxico balance de accidentes e de falecementos nesta vía”.


O Deputado nacionalista destacou que o BNG “non tolerará que continúen as burlas á veciñanza de Ponteareas, que levan vinte anos soportando promesas electorais e anuncios propagandísticos sen que a día de hoxe se fixese nada realidade”. Rego comprometeuse ante a Plataforma a realizar en Madrid o seguimento deste expediente, instando a que se axilice a redacción dos proxectos necesarios para poder licitar estas actuacións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.