Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Lunes, 03 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Arranxo das beirarrúas entre Guillarei e Caldelas

Actuouse ao longo de oito quilómetros cambiando máis de 100 baldosas rotas ou en mal estado

O Concello de Tui vén de rematar estes días as obras de arranxo das beirarrúas na Po 404 entre Guillarei e Caldelas. Actuouse nun total de oito quilómetros cambiándose máis de mil baldosas cerámicas que estaban rotas ou en mal estado.  A actuación tamén comprendeu a realización de xuntas de dilatación en cada desnivel, xa que as beirarrúas carecían delas o que provocaba o levantamento e rotura das lousas.  


O Concello de Tui, con fondos propios, contratou a unha empresa para acometer estes traballos no tramo comprendido dende a intersección da Po 404 coa N 550 en Guillarei, até a parroquia de Caldelas, no límite con Porto en Salvaterra.  


Co arranxo de estas beirarrúas o goberno municipal da resposta a unha vella demanda da veciñanza.


As beirarrúas na Po 404 – estrada de titularidade autonómica – foran realizadas polo Concello de Tui no ano 2009 con fondos estatais, polo que o mantemento das mesmas corresponde  á administración local por ser quen no seu día executou as obras. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.