REDONDELA
Font acusa ao PP do “uso intolerable dos medios xudiciais”
Os tribunais desestiman integramente o recurso do ex alcalde do PP de Redondela interposto pola exclusión do proxecto presentado ao Plan DepoRemse
O deputado Carlos Font valorou onte positivamente a sentenza do Xulgado número 2 de Pontevedra, “unha máis” que dá a razón á Deputación de Pontevedra, que desestima “integramente” o recurso contencioso-administrativo que o anterior goberno municipal do PP de Redondela, presidido por Javier Bas, interpuxo contra a exclusión do proxecto municipal presentado ao abeiro do Plan provincial DepoRemse.
O deputado provincial sinalou que “esta sentenza, como todas as que o PP perdeu contra a Deputación, mostra claramente o uso intolerable e espurio que o Partido Popular fai dos medios xudiciais, amais de dilapidar o diñeiro público e utilizar os concellos nos que gobernan como punta de lanza nunha guerra partidista, en vez de defender os dereitos da súa veciñanza”. “Son demandas, engadiu, que se demostra que non teñen sentido nin razón de ser, que lles van tirando nos xulgados unha tras outra”.
Font, que cualificou o fallo de “demoledor porque desmonta un tras outro os argumentos do anterior goberno do PP de Redondela e avala os criterios técnicos cos que sempre actúa a Deputación”, acusou directamente aos populares “dunha estratexia intolerable, arbitrada e dirixida desde Santiago que, por enriba, non lles dá ningún beneficio porque as perden todas. Unha estratexia, dixo, que non é casual, que mostra que a inminencia dunhas eleccións fai que aflore a desesperación. Só neses parámetros pode entenderse que algúns estean a chegar a extremos insoportables de insultos, mentiras e comportamentos inauditos na acción política”.
Font tallante: “O fallo é demoledor, unha proba máis da estratexia espuria do PP de utilizar aos concellos onde goberna como punta de lanza partidista”
Na sentenza que desestima o recurso do anterior goberno municipal de Redondela, a xuíza recorda que o proxecto obtivo un total de 53’ 09 puntos, por enriba da nota de corte situada en 50. É dicir, o proxecto si superou a nota valorativa do corte, o que da mostra da boa fe da Deputación, pero aínda así non puido obter a subvención por esgotamento do crédito, algo que estaba claramente especificado nas bases do Plan. Por todo iso, a sentenza dá a razón á Deputación de Pontevedra e desestima o recurso.
No fallo xudicial, sinálase que a xuíza non pode substituír o criterio da Comisión de Valoración e que non existe motivo para dubidar do xuízo finalmente emitido por tal órgano. Tamén establece que non é posible rebater a valoración técnica do Comité de Expertos, cuxo presidente explicou que a natureza do proxecto a presentar debería haber tido en consideración un criterio multifuncional, que tivera en todo momento presente a seguridade, e que o proxecto, como relatou o presidente, presentaba ata 16 insuficiencias e disfuncións técnicas concretas que se recolleron no escrito de resposta á demanda, polo que era claramente mellorable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175