GALICIA
A Xunta asegura que apoiará a 1.900 emprendedores e pemes neste ano
Feijóo precisa que dos 103 M€ de investimento, destinaranse: 18 para financiamento empresarial; 12,2 para préstamos IFI; 8,8 para avais; 46,2 para reforzar os fondos propios das empresas e 17,8 a través de XesGalicia
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou onte a posta en marcha do plan de financiamento empresarial para 2020 que prevé apoiar a 1.900 emprendedores e pemes, cun orzamento de 103 millóns de euros e unha mobilización de preto de 300 millóns de euros.
Máis polo miúdo, Feijóo precisou que dos 103 millóns de euros de investimento, destinaranse: 18 millóns para financiamento empresarial; 12,2 millóns para préstamos IFI; 8,8 millóns para avais; 46,2 millóns para reforzar os fondos propios das empresas e 17,8 millóns a través de XesGalicia.
Entre as iniciativas desenvolvidas polo Igape, o titular do Executivo autonómico destacou o programa de préstamos destinado a pemes e grandes empresas que realicen investimentos de entre 1,5 e 10 millóns de euros. E referiuse tamén aos préstamos IFI para apoiar ata 40 proxectos de pemes que realicen investimento de ata 1,6 millóns; e á liña de avais destinada a arredor de 210 proxectos de pemes que realicen investimentos de ata 1 millón de euros.
No que respecta aos apoios para reforzar os fondos propios das empresas, terán como obxectivo apoiar 1.600 proxectos que prevén mobilizar 134,2 millóns de euros. Mentres, a través de XesGalicia prevese apoiar 27 proxectos cunha achega de 17,8 millóns de euros.
Salienta a nova liña de financiamento ás empresas da industria auxiliar naval que poidan estar sufrindo atrasos nos pagamentos debido ás dificultades que atravesan determinados estaleiros
Como principais novidades, Feijóo destacou dúas novas liñas de financiamento: a iniciativa Centros de Fabricación Avanzada, que promoverá a execución de infraestruturas compartidas para o apoio á industria. E a nova liña de financiamento ás empresas da industria auxiliar naval que poidan estar sufrindo atrasos nos pagamentos debido ás dificultades que atravesan determinados estaleiros; e que estará incluída no programa de préstamos directos.
Feijóo lembrou que, entre 2014 e 2019, o plan de financiamento empresarial da Xunta, que contou cun orzamento de 315 millóns de euros, beneficiou a 12.500 empresas –máis de 6 empresas ao día-, chegando a mobilizar máis de 1.370 millóns en cinco anos e medio.
En concreto, o 94% dos recursos destináronse ao financiamento de investimentos e de gastos operativos e a porcentaxe restante a circulante. E o 92% do mobilizado pertence a proxectos de autónomos e pemes e permitiu apoiar investimentos en 8.450 proxectos.
“Dicir que financiamos 6 empresas cada día dá unha orde da magnitude coa que realmente estamos actuando para dinamizar, sobre todo, autónomos e pequenas e medianas empresas”, concluíu Feijóo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149