Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Febrero de 2020 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra porá en funcionamento a nova pista de pádel

Neste mes de febreiro ábrese a nova instalación deportiva incorporada dentro das instalación do Casal, unha PISTA DE PÁDEL que fai máis atractiva se cabe esta zona para a práctica deportiva, onde comparte espazo co campo de fútbol, o de fútbol sala, a pista de petanca e zona de ximnasia.

 

Esta pista de pádel terá un horario para reservas dende as 10:00 horas ata as 23:00, onde cada grupo poderá reservar a pista durante hora e media. Ademáis a pista conta con servicio de luz. 

 

Tamén cabe destacar que as intalacións contarán cun vestuario habilitado para que as persoas que utilicen a pista poidan ducharse.

 

O prezo da reserva é de 12€ 1.30 horas, facendo unha reducción do 50% para os veciños e veciñas da Eurocidade(6€). O pagamento farase mediante transferencia bancaria e previamente á utilización da pista. 

 

Para reservar a pista inicialmente farase por ventanilla no Concello, mentres non se remata a páxina web, que será o método utilizado posteriormente.

 

Dende o Concello anímase a todos e todas a práctica desde deporte divertido e saudable, contando cunha serie de normas e consellos de utilización na propia pista que  as  farán máis seguras e dinámicas que se enmarcan dentro das políticas de fomento de vida saudable que promove este Concello

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.